Tonino é unha novidade da editorial OQO. Escrito por Miguel Salas e ilustrado por Paolo Domeniconi.
Un pingüín que soña co descoñecido decide viaxar ao deserto para converterse en beduino.
Coma sempre, adoitamos querer o que non temos e valorar o que tiñamos unha vez perdido; e así lle ocorre tamén ao noso protagonista quen sentirá morriña dos seus.