Páxinas

xoves, 13 de febreiro de 2014

RECOMENDACIÓNS DÍA DE SAN VALENTÍN

O 24 de Febreiro é o día de San Valentín. Dende a biblioteca gustaríanos recomendarvos os seguintes libros para que vos namoredes da lectura.


  • EDUCACIÓN INFANTIL


      "Buscando un amigo".Escrito por Hannah Rey e publicado por Texto Editores.


Pipo nos ensina que é a amizade. Xunto aos animais da granxa Pipo busca un amigo para non molestar tanto a tranquila gata Cleo...




"Lo que le dijo el ratón al topo".Escrito por Clare Bevan e publicado por Texto Editores no ano 2006.


O Ratón charla coa Toupa. A un lle gustaría 
voar, ao outro saltar polas árbores. Un conto para entender o importante que é sentirse a gusto dentro da propia pel.



  • PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

      "O Soldadino de chumbo". Adaptación de Xavier Senín a partir da curtametraxe dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde e editado por Galaxia.










        "Honorato, o rato namorado". Escrito por Antonio García Teijeiro e publicado por Xerais no ano 2007.

   
Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras e gústalle pintalas de cores.




 
    
 "Cocodrilo se enamora". Editado por Faktoria de Libros e escrito por Daniela Kulot. 


 Hace días que Cocodrilo está inquieto. A veces tiene frío, a veces tiene calor, a veces está muy triste, y a veces está tan contento que le gustaría abrazar a todo el mundo. Y es que Cocodrilo está enamorado. Pero tiene un problema...




     "Titiresa" . Publicado por O.Q.O. no ano 2007 e escrito por Xerardo Quintiá.



Un conto atrevido que trata a homosexualidade con naturalidade.









  • SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA
   
     "O Gato Gaiado e a Andoriña Señá: Unha Historia de Amor". Escrito por Jorge Amado e publicado en Edicións Xerais.













  • TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA

      "Jonás se enamora". Escrito por Kerstin Thorwall e publicado por Ediciones Alfaguara.






      "Todo o verán por diante". Publicado pola Editorial Galaxia e escrito por Joaquim González Caturla.

   

Toni e Raquel son dous rapaces que van ao mesmo instituto e que se ven enredados nunha relación sentimental chea de dificultades.





      "Cuentos al amor de la lumbre". Ediciones Generales Anaya escrito por A.R.Almodóvar. 




    
 
Recompilación de contos populares españois.








  • ENGLISH CORNER

      "You,re all my favourites". Audio libro escrito por Sam MacBreatney.



Click on the image
 Nesta historia tres oseznos pregúntanse cal é o favorito dos seús pais.
Once upon a time there was a mother bear, a father bear and three baby bears.



luns, 10 de febreiro de 2014

RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Con motivo do Día de Rosalía de  Castro,  recoñecido pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura, que se celebra o 24 de febreiro, queremos facervos as seguintes recomendacións:


Portada do libro ilustrada por Marina Seoane



  • "Rosalía pequeniña". Libro disco publicado por Galaxia no ano 2013 que serve para conmemorar os 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos". 


  • "Rosalía de Castro na voz de Anxo Angueira". Publicado pola Editorial Xerais no ano 2003.

Este volume recolle unha antoloxía da obra poética de Rosalía de Castro, arredor de ámbitos temáticos diversos:
 paisaxe, relixión, compromiso social, a  situación  da muller no plano socio-político e literario e a emigración.


    • "Rosalía de Castro para nenos". Publicado en 1998 por Ediciones de la Torre.
                 Esta antoloxía, preparada por Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda e ilustrada por Celso Dourado, recolle, tres grandes títulos: Cantares Gallegos", "Follas Novas" e "En las orillas del Sar". Ademáis de textos en prosa.
          
        
                                                       


      • "Cantando cos nenos". Edicións do Castro ,1985.


      • "Adiós ríos, adiós fontes". Baía Edicións, 2005.



      • "Antoloxía para a infancia" . Fundación Rosalía de Castro.






      • "Rapoemas de Aid". Editorial Galaxia 2012.                                                                                                                                                                       

      venres, 7 de febreiro de 2014

      24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

      O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.



      Pincha para coñecer a biografía.



      A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Diferentes estilos de música  servíronse dos poemas desta gran autora. Un exemplo é o audiolibro "Rosalía pequeniña" onde Uxía ofrece novos ritmos para que as crianzas canten á poeta.









       Ademáis,  o poema  " A xustiza pola man" do libro "Follas Novas" publicado pola editorial Galaxia foi  versionado pola rapeira viguesa Aid.






      Aqués que tén fama d' honrados na vila
      roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
      botáronme estrume nas galas dun día,
      a roupa de cote puñéronma en tiras.
      Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
      sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
      ó raso cas lebres dormín nas campías;
      meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
      ¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
      Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
      fixéronm' un leito de toxos e silvas;
      i en tanto, os raposos de sangre maldita,
      tranquilos nun leito de rosas dormían.



      ―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!

      De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
      ―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
      tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
      Estonces, cal loba doente ou ferida,
      dun salto con rabia pillei a fouciña,
      rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
      i a lúa escondíase, i a fera dormía
      cos seus compañeiros en cama mullida.

      Mireinos con calma, i as mans estendidas,
      dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
      I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
      tranquila, esperando pola alba do día.

      I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:

      eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

      Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

      xoves, 6 de febreiro de 2014

      DÍA DA PAZ



      O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, celébrase todos os anos o 30 de xaneiro.


      Obra de Eulogio Díaz del Corral


      O Día Escolar da Non Violencia e a Paz é unha xornada educativa non gubernamental fundada en España en 1964 polo poeta pacifista mallorquín Llorenç Vidal que se conmemora o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi (lider da independencia da India e pioneiro da filosofía da non violencia).

      Hermanos de las estrellas, letra de Llorenç Vidal e música de Andreu Bennàssar é o himno do Dia Escolar da Non Violencia e a Paz.


      HERMANOS DE LAS ESTRELLAS
      (Texto en español)
      Hermanos de las estrellas,
      de las montañas, del mar,
      de todos los seres vivos,
      unamos, para cantar,
      nuestras manos, aprendices
      de Amor, No-violencia y Paz.
      Sin diferencias de raza,
      de lengua ni de pensar,
      en un abrazo fraterno,
      unamos, para cantar,
      nuestros pechos, con la fuerza,
      de Amor, No-violencia y Paz.
      Defensores de la vida,
      sin armas para matar,
      cual ciudadanos del mundo,
      unamos, para cantar,
      nuestro aliento, mensajeros
      de Amor, No-violencia y Paz.

      Con motivo desta celebración dende a Biblioteca de centro queremos facer as seguintes recomendacións:

      •  EDUCACIÓN INFANTIL
             "Wangari y los árboles de la paz. Una historia verdadera"  escrito e ilustrado por Janeatte Winter. Ediciones Ekaré.

       




      • PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA
           "El hombrecillo de papel". Escrito por Fernando Alonso publicado pola editorial Everest.






      • SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA
            
            "El señor paz y la señora guerra". Libro de Joan de Déu Prats publicado por Edebé.




         

                

             "El pequeño libro de la paz". Escrito por Elisabetta Dami .Editorial Destino.



                


      •   TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA
                
             " O carteiro de Bagdad". Escrito por Marcos S. Calveiro e publicado pola editorial Tambre.



                 
                  Ademáis, podedes consultar a rede de bibliotecas de Galicia para atopar máis recomendacións.

       Pinchade na imaxe.