Páxinas

martes, 18 de marzo de 2014

XV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”.
http://www.salondolibro.org/edicion/2014/actividades
Se queres saber máis preme aquí.

RECOMENDACIÓNS DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Co gallo da celebración do día  Mundial da Poesía, desde a Biblioteca do C.E.I.P. García Barbón queremos facer as seguintes recomendación.

  • EDUCACIÓN INFANTIL

María Fumaça... cantar e bailar para ser máis feliz.Un proxecto musical para escoitar en familia. Editorial Galaxia. 




  • PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA
Trazos, trozos e retrincos. Antonio García Teijeiro presenta os Poemas do Sol e da Lúa, nos que o Sol e a Lúa, como bos amigos escriben poemas que deixan nas rúas para alegrar a todos os nenos e nenas. Editorial Xunta de Galicia.



  • SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA
 O meu gato é un poeta. Fran Alonso. Editorial Xerais.










  • TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA
Oda a unha estrela. Versos de Neruda que chegan ao corazón a través da lectura e de imaxes misteriosas. Editorial Kalandraka.








CONVIDÁMOSVOS A VISITAR A BIBLIOTECA ONDE TEMOS PREPARADOS PARA VÓS UNHA SELECCIÓN DE TEXTOS.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO DE INFANTIL

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantiles e xuveniles e a lectura entre os máis novos.


Irlanda é o país encargado de poñerlle palabra e imaxe a este cartel que percorre o mundo enteiro lembrando a necesidade de manter viva unha literatura de calidade destinada a nenos e mozos. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que recibiu entre outros premios o Premio Laureante na nög, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa así mesmo merecedora do Premio de Literatura Infantil de Irlanda, entre outros galardóns.