Páxinas

martes, 30 de setembro de 2014

'Venres nas Librarías' 


Un programa de actividades destinado a promover a lectura nas librarías galegas.
O programa establece a promoción de títulos galegos publicados no último ano e desenvolverase nos municipios de Lalín, Vigo, A Coruña, Moaña, Ourense, Santiago de Compostela, Narón e Lugo a través das librarías Vagalume, Casa do Libro, Cartabón, FNAC, ou Pontillón, Andel, La Región, Pedreira, Librouro, Day e Trama. 
Programará encontros entre lectores e autores durante os venres dos meses de outubro e novembro.
Ademais, a campaña contará cun concurso nas redes sociais, onde se irán dando pistas para adiviñar o título dun libro, o cal será o premio para o participante que acerte.

Máis información no Dossier " Venres na librarías "

"Unha tarde de venres compartida ao redor dun libro"





venres, 26 de setembro de 2014

COMEZAMOS !!!!!

Benvid@s a todas e todos a este novo curso.

Xa estamos rematando setembro e a biblioteca está casi lista para abrir as 

súas portas unha vez máis.

Será o vindeiro 1 de OUTUBRO!!!