venres, 7 de febreiro de 2014

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.



Pincha para coñecer a biografía.



A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Diferentes estilos de música  servíronse dos poemas desta gran autora. Un exemplo é o audiolibro "Rosalía pequeniña" onde Uxía ofrece novos ritmos para que as crianzas canten á poeta.









 Ademáis,  o poema  " A xustiza pola man" do libro "Follas Novas" publicado pola editorial Galaxia foi  versionado pola rapeira viguesa Aid.






Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.



―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!

De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:

eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

xoves, 6 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ



O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, celébrase todos os anos o 30 de xaneiro.


Obra de Eulogio Díaz del Corral


O Día Escolar da Non Violencia e a Paz é unha xornada educativa non gubernamental fundada en España en 1964 polo poeta pacifista mallorquín Llorenç Vidal que se conmemora o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi (lider da independencia da India e pioneiro da filosofía da non violencia).

Hermanos de las estrellas, letra de Llorenç Vidal e música de Andreu Bennàssar é o himno do Dia Escolar da Non Violencia e a Paz.


HERMANOS DE LAS ESTRELLAS
(Texto en español)
Hermanos de las estrellas,
de las montañas, del mar,
de todos los seres vivos,
unamos, para cantar,
nuestras manos, aprendices
de Amor, No-violencia y Paz.
Sin diferencias de raza,
de lengua ni de pensar,
en un abrazo fraterno,
unamos, para cantar,
nuestros pechos, con la fuerza,
de Amor, No-violencia y Paz.
Defensores de la vida,
sin armas para matar,
cual ciudadanos del mundo,
unamos, para cantar,
nuestro aliento, mensajeros
de Amor, No-violencia y Paz.

Con motivo desta celebración dende a Biblioteca de centro queremos facer as seguintes recomendacións:

  •  EDUCACIÓN INFANTIL
       "Wangari y los árboles de la paz. Una historia verdadera"  escrito e ilustrado por Janeatte Winter. Ediciones Ekaré.

 




  • PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA
     "El hombrecillo de papel". Escrito por Fernando Alonso publicado pola editorial Everest.






  • SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA
      
      "El señor paz y la señora guerra". Libro de Joan de Déu Prats publicado por Edebé.




   

          

       "El pequeño libro de la paz". Escrito por Elisabetta Dami .Editorial Destino.



          


  •   TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA
          
       " O carteiro de Bagdad". Escrito por Marcos S. Calveiro e publicado pola editorial Tambre.



           
            Ademáis, podedes consultar a rede de bibliotecas de Galicia para atopar máis recomendacións.

 Pinchade na imaxe.