xoves, 15 de maio de 2014

SEMANA DA PRENSA ESCOLAR

Para conmemorar a Semana da Prensa desde a Biblioteca de Centro do García Barbón recomendamos aos máis pequenos a iniciación na lectura dos xornais.
Sete razóns para ler o xornal na clase e na casa:
*Lendo o xornal aprenderás a escribir e a expresarte mellor.
*Estarás informado do que ocorre en Vigo, en Galiza e en todo o mundo.
*Poderás reflexionar sobre a actualidade e ser máis crítico.
*Saberás de que falan os maiores.
* O xornal será coma un  libro de texto distinto cada día.
*Converterase na túa novela de aventuras favorita.
*Saberás que poñen no cinema, na tele, como vai a liga, as recomendacións de libros, os libros máis vendidos... E moitas máis cousas que seguro che interesan.

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.

O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo) .
Da man do colectivo Fabaloba recollemos esta fermosa achega, en formato de libro, que nos fala, dun xeito sinxelo, de Xosé María Díaz Castro.




Clica na imaxe para ler o libro.
Clica na imaxe para ver o libro.