xoves, 18 de decembro de 2014

martes, 16 de decembro de 2014

A nosa primeira gota

Preséntovos o próximo libro co que imos gozar da lectura todos os compoñentes deste club. Déixovos unha reseña e algo máis...
LA LECCIÓN DE AUGUST de R.J. Palacio
WONDER 
"Por cierto, me llamo August. No voy a describir cómo es mi cara. No sé como os la estaréis imaginando, pero seguro que es mucho peor."
 August Pullman ten dez anos e nunca ata agora foi á escola. Naceu cunha deformidade facial severa e pasou por moitas operacións; practicamente non sae de casa e a súa nai foi a responsable da súa educación. El é un rapaz normal e corrente, por iso os seus pais deciden que chegou o momento de que vaia á escola. August sabe ben que non todo o mundo é capaz de ver máis alá da súa cara e, neste primeiro ano de escola, tocaralle convencer aos seus compañeiros de clase que non teñen por que tratalo coma se fose especial. En ocasións, deberá mesmo convencerse a si mesmo....

Mediante un sentido do humor ateigado de autenticidade e a través dos ollos (e as voces) dos distintos protagonistas, RJ. Palacio explora a natureza da amizade, a tenacidade, o medo e a percepción dun mesmo e dos outros.
                          
Ten unha narración amena e divertida, con algúns momentos que fan que se che poña a pel de galiña e mesmo que che escape algunha bágoa. Pero sobre todo sen perder o sentido do humor nunha historia que parece do máis típica, e iso é o que a fai tan especial.

R. JPalacio é unha deseñadora americana que traballou durante anos no campo da ilustración para libros. Mentres se dedicaba a deseñar preciosas cubertas para centos de autores, soñaba con escribir algún día unha novela. Non obstante, parecíalle que nunca chegaba o momento ata que se decatou de que o único que tiña que facer era empezar a escribir. "La  lección de August" é a súa primeira novela e, despois dos eloxios unánimes que espertou en todo o mundo, seguro que non será a última.
Que te levou a escribir Wonder?
Hai uns anos, mentres o meu fillo maior compraba uns xeados, sentámonos o meu fillo menor e eu, que naquela época tiña tres anos, nunha banca fóra do local de venda. Ao lado noso sentábase unha nena coa súa mamá. A nena tiña un severo problema na súa cara. Cando o meu fillo a viu púxose a chorar. Para evitar incomodalas tratei de levar o meu fillo lonxe provocando que chocásemos co meu fillo maior, derramase os xeados, e todo se convertese nunha especie de escándalo, que era o que trataba de evitar. A mamá ergueuse e levouse á súa nena.
Na noite mentres pensaba nese feito decateime que puiden aproveitar a ocasión para ensinarlle ao meu fillo unha lección. Podería ter conversado coa mamá da nena e deixar chorar ao meu fillo, os rapaces sempre choran. Teríao ensinado a tomar as cousas con naturalidade. Non solucionar todo co non mirar, que talvez non sexa o correcto.


Á vez esa noite escoitei a canción de Natalie MerchantWonder, e a letra chegoume. 
Comecei a escribir Wonder aquela noite.
«Todos deberíamos recibir una ovación al menos una vez en nuestra vida, porque todos vencemos al mundo.» Auggie