Páxinas

sábado, 31 de xaneiro de 2015

"Voa pola PAZ"

Os nen@s do García Barbón decoraron xunto cos seus mestr@s o cole para celebrar o día da PAZ.


Neste vídeo explícante o porque das MIL GRÚAS.


Mil Grúas é un conto onde lenda e maxia se converten no refuxio dos nenos ante os actos desapiadados do ser humano; é tamén o reflexo da inocencia destes nenos; e tal como escribe a autora, é a historia de "Un anxo á intemperie fronte á impiedade dos adultos".
Pulsa na portada e poderás lelo.

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Frase da semana


Coñece a vida de Mahatma Gandhi
"Non hai  camiños para a paz; a paz é o camiño".
“No hay caminos para la paz; la paz es el camino”.
"Hi ha carreteres per a la pau; la pau és el camí".
"Ez dago bakerako biderik ez da; bakea da bidea"
"There are no roads for peace; peace is the way."
"Il n'y a pas de routes pour la paix ; la paix est le chemin. »
"Es gibt keine Straßen für den Frieden; Frieden ist der Weg."
"沒有道路和平 ;和平是方式。
"Non ci sono nessun strade per la pace; la pace è il modo."
"שאין דרכים לשלום; השלום היא הדרך."
«Είναι εκεί κανένας δρόμος για την ειρήνη. ειρήνη είναι ο τρόπος».
"Não existem estradas para a paz; paz é o caminho."
«Здесь нет дорог для мира; мир-это путь".
"مِنٹ کی دُوری امن کے لئے ۔ امن کا راستہ ہے ۔


"शांति के लिए कोई सड़कों हैं; शांति का रास्ता है." 

CERTAME RELATO CURTO

III Certame de Relato Curto

A FANPA (Federación de Asociacións de nais e pais de Centros Educativos Públicos da provincia de Pontevedra) organiza o III Certame de Relato Curto para a provincia de Pontevedra. Este certame, está dirixido ao alumnado e ás súas familias dos centros públicos da provincia de Pontevedra. 
Libro do II Certame
O prazo para a presentación de textos finaliza o 28 de febreiro e as bases do concurso consultaranse na web da FANPA: http://www.nontedurmas.org/ e as obras poderán enviarse ao correo certame.relatocurto@nontedurmas.org
Establécense catro categorías: Primaria, Secundaria, Bacharelato e Adultos e o xurado seleccionará ata un máximo de cen finalistas, dos que se designarán os catro gañadores, un por cada sección.
Os gañadores e finalistas recibirán un libro colectivo cos seus textos deseñado e producidos pola editorial Kalandraka. Ademais, os premios para cada categoría constan dun vale de 200 euros e dun lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina do ilustrador Marc Taeger. O obxectivo desta proposta é que a lingua galega estea presente na vida cotiá e familiar.

CONCURSO LITERARIO

CONCURSO LITERARIO “CARLOS CASARES” CONVOCADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL O FACHO



Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e nos que participaron ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel coa súa obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, faise a convocatoria para 2015 do Concurso Literario Carlos Casares e en afectuosa homenaxe ao primeiro gañador do Certame de Literatura Infantil no ano 1968 coa súa fermosa obra “A galiña azul” que acadaría a honra de ter sido o fito fundacional da ben vizosa Literatura Infantil e Xuvenil Galega contemporánea.

sábado, 24 de xaneiro de 2015

venres, 23 de xaneiro de 2015

Obradoiro Poesía

O venres 12 de decembro estivo connosco Francisco Castro impartindo un obradoiro de poesía cos alumnos de 6º de primaria.

As nosas poetisas e os nosos poetas crearon cousas tan fermosas como estas:

A terra, pelota que xira sen que nos decatemos.
Cando non estás, deixa de xirar.

Os libros son os transportes da túa imaxinación.


O encerado é como un mar verde cheo de letras máxicas.

A estrela que brilla pola noite apágase cando non estás.

As algas do mar son como un bosque afundido.

Es a luz que ilumina as miñas mañás máis escuras.

Teño un bosque xigante cheo do teu amor palpitante.

Cando te vexo voume ao ceo como unha cometa sen vento.
O teu sorriso é tan fresco coma a brisa.
Es a luz do meu corazón.
Es os meus ollos, es o meu corazón.
Ti me das a razón.
Es a canción de cada noite.
Es o meu corazón, o meu amor.
A vista é un sentimento que nos aloumiña o corazón.

Noraboa chicas e chicos seguide así, sodes fantásticos!

venres, 9 de xaneiro de 2015

Libros para este Nadal

As recomendacións que fixemos xunto co Equipo de Dinamización Lingüística para este  Nadal foron:


xoves, 8 de xaneiro de 2015

Reunións club de lectura

Nas seguintes reunións falamos dos grandes temas do libro: a experiencia de ser diferente, as relacións humanas: familia, amistade, ..., o acoso, ter medo, as cousas importantes para cada un de nos, os preceptos, estar protexido, expresar sentimentos, pedir perdón, a morte e o dó, amabilidade, respecto e consideración, ser valente, ironía, humor negro e sarcasmo, ser feliz ... .

Algún dos compoñentes escolleu algunha parte do libro que lle pareceu salientable e léunola.

Fragmento capítulo Como Nací páxina 19


Fragmento capítulo Alien páxina 352


1ª sesión club de lectura

O venres 14 de novembro, ás 12, na biblioteca do cole, fixemos a primeira reunión do club de lectura.
O libro escollido nesta ocasión foi " La lección de August" da escritora norteamericana de ascendencia colombiana R.J. Palacio.
Como imaxinas aos personaxes do libro? Fixemos un debuxo de August de como pensabamos nos que era fisicamente.