sábado, 28 de febreiro de 2015

XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Programa
DA CIENCIA Á FICCIÓN

Do 27 de febreiro ao 28 de marzo.

Da ciencia á ficción” será o título do XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que terá lugar do 27 de febreiro al 28 de marzo de 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.
As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.
Falamos de ciencia, de ficción, e da delgada liña que as separa.

venres, 6 de febreiro de 2015

Frase da Semana

Coñece a vida de "MADIBA"
"A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo"
"La educación es el arma más poderosa que puedes usar para cambiar el mundo"
"L'educació és l'arma més poderosa que vostè pot utilitzar per canviar el món"
"Hezkuntza ahaltsuena arma horrek mundua aldatzeko erabil dezakezu"
"La educación ye l'arma más poderosa que puedes usar pa camudar el mundu"
"La educació és l'arma més poderosa que pots usar per a canviar el mundo"
"Era educacion ei era arma mès poderosa que pòdes usar entà cambiar eth mon"
"La educación ye l'arma mas poderosa que puetz usar ta cambiar o mundo"


"Onderwys is die mees kragtige wapen wat jy kan gebruik om die wêreld te verander"


xoves, 5 de febreiro de 2015

A nosa segunda gota

Este é o seguinte libro que imos ler. Déixovos unha reseña e algo máis...

EL REY MATÍAS I de Janusz Korczak.

"Como eu son pequeno se moi ben o que necesitan os pequenos".
Tras a morte do seu pai, o pequeno príncipe Matías é coroado rei. Apenas sabe ler nin escribir, pero desexa que o seu país sexa un lugar xusto para todos, tanto nenos coma adultos. Non obstante, reformar un país enteiro é moi difícil... Quere que todos os nenos poidan comer chocolate todos os días e que o seu país teña o mellor zoo do mundo, pero é iso o que o seu pobo realmente necesita?
Aínda que se trata dunha fábula moral sorprendentemente complexa, a emocionante historia de Matías fascinou a xeracións de lectores de todas as idades. O pequeno rei é só un neno, pero enfrontarase aos seus ministros polos seus ideais, loitará na guerra, cruzará a selva e o deserto, e nas súas aventuras descubrirá a amizade verdadeira e o valor da dignidade humana.

Nesta obra, rica en símbolos, Korczak quixo representar as súas ideas sobre os nenos e a sociedade, e fíxoo cunha gran sinxeleza narrativa e moito humor.
"Fixemos mal empezando sempre a facer reformas para os maiores, comeza ti polos nenos, ao mellor resúltache"...
Matías, que desexaba moito ser un bo rei, aprende leccións de moi distinta clase: que «no exército non se debe razoar senón non cumprir as ordes inmediatamente»; que «na guerra un pode caer ferido, pero non enfermo»;que «aos heroes verdadeiros recoñécellelos non só na vitoria senón tamén na derrota»; que «a diplomacia é mentir de tal forma que o inimigo non se decate de nada»... E, no medio de todo o que sucede, reflexiona: «Que estraño é o mundo. Uns son demasiado educados e outros demasiado pouco. Como se podería equilibrar?»...
Cunha linguaxe sinxela, construída con repeticións e frases curtas que comezan igual, o libro é un caudal de información acerca do funcionamento dun país.
" El pequeño Rey Macius" Película do ano 2007 baseada nesta novela.

Janusz Korczak,pseudónimo de Henryk Goldszmit, foi un autor clásico da literatura europea. Naceu en 1878 en Varsovia,no seo dunha familia acomodada, pero a prematura morte do pai obrigouno a traballar dende unha temperá idade.Licenciouse en medicina, pero o seu interese polos nenos das clases humildes levouno a interesarse pola pedagoxía. Viaxou a Berlín, Londres e París para coñecer os métodos dos centros de educación máis avanzados. Fundou e dirixiu durante décadas un orfanato para nenos xudeus, e foi un célebre pedagogo e defensor dos dereitos infantís.Dedicou toda a súa vida á pediatría e á pedagoxía, pois os nenos eran a súa gran paixón. Foi un firme defensor dos seus dereitos, rexeitando calquera tipo de violencia ou de xerarquía baseada sinxelamente na idade e afirmando que os nenos deben ser escoitados, pois eles son os que mellor coñecen as súas propias necesidades."Non é correcto dicir que os nenos chegarán a ser persoas: son xa persoas...Son persoas cuxas almas conteñen as sementes de todas as ideas e emocións que posuímos. Hai que orientar con delicadeza o crecemento desas sementes".
Cando Polonia foi ocupada polo exército alemán, Korczak tivo varias oportunidades de salvarse. Non obstante, ante a imposibilidade de salvar tamén aos nenos do seu orfanato, decidiu quedar con eles. «Non se abandona a un neno enfermo pola noite, e non se abandona aos nenos nun momento así», deixou escrito no seu diario. 

"Poñédevos a vosa mellor roupa, nenos. Collede o voso libro ou xoguete favorito; ímonos a un lugar moi especial". Era un día de agosto de 1942 e o doutor Korczak, director dun orfanato de Varsovia, trataba de ocultar aos seus protexidos o terrible final que lles esperaba: en poucas horas tomarían o tren que os conduciría ao campo de exterminio de Treblinka.

luns, 2 de febreiro de 2015

TRABALLANDO OS SENTIMENTOS

Escolma de libros que poderedes atopar na biblioteca do cole para traballar:

AMIZADE                                                                                                          SINCERIDADE

HUMANIDADEBENEVOLENCIA