Páxinas
▼
venres, 29 de maio de 2015
martes, 26 de maio de 2015
21 de marzo DÍA DA POESÍA
Este ano dedicámoslle o Día da Poesía a un gran mestre e escritor, Antonio García Teijeiro, as nenas e nenos do cole decoraron as portas e corredores cos versos dos seus poemas.
luns, 25 de maio de 2015
Bases do II Premio Literario Escolar
O Premio
Literario Escolar da Biblioteca de Centro do García Barbón
nace coa intención de promover a creación literaria no
ámbito escolar, ao amparo da inestimable labor dos mestres/-as
na procura do pracer da lectura e da escrita.
- Poderán concorrer ao II Premio Literario escolar da Biblioteca de Centro do García Barbón os alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do Centro.
- Tras do proceso de selección realizado polos mestres/-as titores/-as, poderán concursar un máximo de 4 traballos por aula.
- Os traballos deben estar en lingua galega e serán narrativos e rigurosamente orixinais e inéditos (non vale recompilación de contos populares, reelaboración de contos…).
- A extensión mínima será de media carilla e a máxima dunha carilla e media, e serán feitos na aula.
- Os traballos seleccionados para os premios deberán ser entregados pasados a ordenador (letra Times New Roman, 12, a dobre espazo).
- O tema será libre.
- Enviaranse copias do orixinal para cada un dos membros do xurado. En todas elas figurará o nome do traballo, un pseúdonimo e o curso ao que pertence o alumno/-a. Nun sobre pechado (plica), no que no exterior só aparecerá un pseudónimo, introducirase unha nota cos datos. As copias e a plica correspondente entregaranse á coordinadora da Biblioteca do Centro.
- O xurado cualificador estará composto por un pai ou unha nai (elixido entre as familias do alumnado de 5º e 6º de primaria), un membro do equipo da biblioteca, un membro do equipo de Dinamización Lingüística e o escritor Agustín Fernández Paz.
- O prazo de admisión será ata o 15 de maio. Quedarán excluídos aqueles que se entreguen fóra de data.
- Os primeiros premios desta segunda edición serán publicados no blogue da biblioteca.
- Os premios serán os seguintes:
a) 1º premio: dous libros en galego
b)
2º premio: un libro en galego.
- O feito de presentarse ao Premio Literario da Biblioteca de Centro do García Barbón obriga aos concurrentes a respectar as presentes bases.
- Os traballos orixinais serán devoltos ao titor/-a para que os entregue aos alumnos/-as participantes. Non se admitirán reclamacións sobre os mesmos.
venres, 8 de maio de 2015
MARATÓN DEL QUIJOTE
Que disfrutedes e MOITAS GRAZAS a todas e todos pola vosa colaboración.
Foi unha experiencia moi bonita.
martes, 5 de maio de 2015
domingo, 3 de maio de 2015
Día do Libro
Este ano conmemorando o IV Centenario da publicación da segunda parte de "Don Quijote de la Mancha" novela escrita polo español Miguel de Cervantes Saavedra. Publicada a súa primeira parte co título de "El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha" a comezos de 1605.
Que comeza así "En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor..."
En 1615 apareceu a súa segunda parte co título de "El ingenioso caballero don Quijote de la Mancha".
Celebramos o Día do libro ao longo da semana do 20 ao 24 de abril realizando unha serie de actividades nas que colaborou e participou toda a comunidade educativa.
Na aula das Tics os nenos xogaron cos personaxes do libro nunha serie de actividades online.
Na biblioteca cada curso mirou o capítulo que estivo traballando, dunha serie de debuxos animados adaptación da obra. Aquí temos o primeiro capítulo.
A partir duns debuxos e dunhas descricións de Sancho Panza e Don Quijote os nenos de primeiro a cuarto fixeron os seus propios retratos. Foron todos uns artistas !!!
Os alumnos de 5º e 6º a partir da descrición que o propio Cervantes fai de si mesmo no prólogo das " Novelas Ejemplares" fixeron o retrato do autor.
Que comeza así "En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor..."
En 1615 apareceu a súa segunda parte co título de "El ingenioso caballero don Quijote de la Mancha".
Celebramos o Día do libro ao longo da semana do 20 ao 24 de abril realizando unha serie de actividades nas que colaborou e participou toda a comunidade educativa.
Na aula das Tics os nenos xogaron cos personaxes do libro nunha serie de actividades online.
Na biblioteca cada curso mirou o capítulo que estivo traballando, dunha serie de debuxos animados adaptación da obra. Aquí temos o primeiro capítulo.
E xogando coñecemos mellor os personaxes, o vocabulario, e frases do Quijote.
DEBUXARON A SANCHO
Os alumnos de 5º e 6º a partir da descrición que o propio Cervantes fai de si mesmo no prólogo das " Novelas Ejemplares" fixeron o retrato do autor.