xoves, 3 de novembro de 2016

Están chegando ás casas as MOCHILAS VIAXEIRAS!!!


Dende hai varios anos, a biblioteca do cole leva a cabo a actividade das Mochilas Viaxeiras. Esta actividade permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en prestamo temporal, uns materiais para que tanto os nosos alumnos e alumnas como os seus familiares disfruten e compartan grandes momentos. Consiste en ler xuntos por puro lecer, en compartir as lecturas, expresar comentarios, emocións...




mércores, 2 de novembro de 2016

Lembranza a Agustín Fernández Paz


Con esta entrada, no blog da biblioteca queremos facer unha lembranza a Agustín Fernández Paz, que faleceu o pasado 12 de xullo, gran referente da literatura infantil e xuvenil.
Esta biblioteca tivo a honra de contar coa súa presenza en diversas ocasións.
Lembramos con moito agarimo e agradecemento a súa asistencia á inaguración da actual biblioteca e a súa colaboración no "Premio Literario Escolar da Biblioteca de Centro do García Barbón".