mércores, 25 de abril de 2018

Día do libro infantil e xuvenil

    Para conmemorar o "Día do libro infantil e xuvenil" a biblioteca organizou un pequeno intercambio de libros usados. Para ser o primero año a participación foi moi boa.


mércores, 11 de abril de 2018


DÍA DA POESÍA

   Como sabedes, o pasado día 21 de Marzo celebrouse o Día da poesía. Para conmemorar esta data Bufino prantexou unha actividade conxunta para Educación Infantil e Primaria. Facer unha representación plástica dun fragmento do poema do libro “Eu conto, ti canta” de Mª Victoria Moreno  que  reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: “
-      “Xa non teño medo”:  Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o sosego na terra escura
-      “Can branco, can negro”: Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino.
-      “¿Un cachiño de bica?”: Iván coida a Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica.

Estes foron os increíbles resultados!





Visita de Jacobo Fernández Serrano


         Este pasado venres 6 de abril visitounos o creador de “Mil cousas poden pasar” para contarnos curiosidades dos seus personaxes e ilustrounos con Hedión, personaxe querido entre o noso alumnado de 6º EP.
         Gozamos moito coa súa charla, contestou a todas as nosas preguntas e ao final asinou os nosos libros.