mércores, 30 de maio de 2018

Peche da biblioteca

      Informámosvos que o peche da biblioteca, así como os diferentes servizos que ofrece, realizarase o Venres 1 de xuño, polo que todos os materiais bibliográficos e audiovisuais deben ser devoltos antes desta data.

Un saúdo!

mércores, 23 de maio de 2018

CÓMIC INFANTIL

     A partir de hoxe pódedes disfrutar dunha fantástica exposición de Cómic Infantil cedida polo CFR de Vigo. 

     Estará a vosa disposición ata o 18 de xuño.



Este material é de consulta no centro, non é de préstamo para casa.

mércores, 16 de maio de 2018

      O venres pasado visitou a biblioteca a autora de "Escarlatina", a cociñeira defunta", un libro moi ameno que nos consta a historia de Román Casas e do agasallo tan singular que recibiu no seu décimo aniversario.
     O alumnado de cuarto quedou encantado coa infinidad de anécdotas do seu avó (a morte dos balóns, a colección estrafalaria, o seu pasatempo favorito... ) e que inspirou a un dos personaxes principais do libro. Con cada pequeno relato, sacounos un tímido sorriso.
     Ademais tivemos tempo para facerlle preguntas e para compartir inquedanzas. Adiantounos o título do seu próximo libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez", informounos do concurso relacionado co libro e asinounos algúns dos seus libros.

    Unha visita moi interesante e unha escritora... fantástica

mércores, 2 de maio de 2018

Día do libro "lecturas en familia"

Este ano, para celebrar o Día do libro", a biblioteca do centro convidou as familias a participar na lectura dun conto o relato na aula dos seus fillos ou fillas. 


Moitas grasas por PARTICIPAR!