domingo, 18 de maio de 2014

ACTIVIDADES SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Dende o blog as nosas letras Ana Martinez deixanos este interesante xogo para que averigüedes canto sobedes sobre o autor.


http://letrasgalegas.blogspot.com.es/2014/05/xogamos-con-xose-maria-diaz-castro.html
Clica na imaxe.

xoves, 15 de maio de 2014

SEMANA DA PRENSA ESCOLAR

Para conmemorar a Semana da Prensa desde a Biblioteca de Centro do García Barbón recomendamos aos máis pequenos a iniciación na lectura dos xornais.
Sete razóns para ler o xornal na clase e na casa:
*Lendo o xornal aprenderás a escribir e a expresarte mellor.
*Estarás informado do que ocorre en Vigo, en Galiza e en todo o mundo.
*Poderás reflexionar sobre a actualidade e ser máis crítico.
*Saberás de que falan os maiores.
* O xornal será coma un  libro de texto distinto cada día.
*Converterase na túa novela de aventuras favorita.
*Saberás que poñen no cinema, na tele, como vai a liga, as recomendacións de libros, os libros máis vendidos... E moitas máis cousas que seguro che interesan.

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.

O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo) .
Da man do colectivo Fabaloba recollemos esta fermosa achega, en formato de libro, que nos fala, dun xeito sinxelo, de Xosé María Díaz Castro.




Clica na imaxe para ler o libro.
Clica na imaxe para ver o libro.

venres, 9 de maio de 2014

CELEBRACIÓN DO DIA DO LIBRO

Con motivo da celebración do Día do Libro no colexio García Barbón organizamos uns obradoiros nos que os alumnos de 6º de primaria actuaron como monitores.
Os obradoiros foron os seguintes:
- Adiviñas/Roscos , igual ao pasapalabra.
- Marcapáxinas.
- Nomes.
Aquí podedes ver que ben o pasaron.