Páxinas

venres, 27 de marzo de 2015

Frase da Semana


Hypatia de Alejandría



"RESÉRVATE O DEREITO DE PENSAR: MESMO EQUIVOCARSE É MELLOR QUE NON PENSAR NADA"


HYPATIA

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O día Mundial do Teatro creouse en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (IIT). Celébrase anualmente o 27 de Marzo polos centros do IIT e a comunidade teatral internacional.

Para celebrar este día as alumnas e alumnos de 2º A prepararon xunto coa súa titora Isabel Guillén unhas obras de teatro, fixemos un vídeo para que poidades ver o ben que o fixeron.



xoves, 26 de marzo de 2015

MULLERES NA LITERATURA

Do 9 ao 13 de marzo celebramos na biblioteca a semana das MULLERES NA LITERATURA para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Os de 4º de E.I. tiveron a sorte de que a escritora Beatriz Fraga, mestra de infantil no cole, lles lera o seu conto e xogaron coloreando a Marcelo.

















 


Tamén  traballaron a temática da igualdade a través dos contos:



 




A través dun xogo de pistas fomos buscando e atopando mulleres traballadoras(escritoras, ilustradoras, científicas, tradutoras, mestras, periodistas, gastrónomas, cartelistas, pedagogas, diplomáticas, poetísas, narradoras,...) coa axuda d@s nen@s do cole, Bufino foinas atopando a todas elas.

As nenas e nenos de 1ºe 2º localizaron a unha escritora moi famosa.

FINA CASALDERREY


Os de 3º localizaron a unha grande ilustradora.

Mª FE QUESADA




 Os de 4º localizaron a toda unha Premio Nobel de Literatura.

GABRIELA MISTRAL













Os de 5º e 6º localizaron a unha máxica escritora.

J.K. ROWLING
 






Cando tivemos a todas elas localizadas confeccionamos un mural onde colocamos unha foto de cada unha delas, algo da súa vida e da súa obra.



domingo, 22 de marzo de 2015

21 de marzo Día da Poesía

Dende o 2001 celébrase todos os 21 de marzo o Día da Poesía grazas á iniciativa da UNESCO.

Esta organización recoñece o valor do símbolo da creatividade humana que ten a arte poética.

Ao mesmo tempo, tamén é unha homenaxe a todas as mulleres e homes que loitan cada día por crear un mundo mellor usando tan só as palabras como ferramenta.




venres, 20 de marzo de 2015

Frase da Semana

"Cos meus mestres aprendín moito;

cos meus colegas, máis;

cos meus alumnos aínda máis."

Proverbio Hindú.

xoves, 19 de marzo de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Este ano, o país escollido é Emiratos Árabes Unidos. O deseño do cartel é da ilustradora Nasim Abaeian, e o texto, de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, destacada figura da literatura infantil no seu país.

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2015
MOITAS CULTURAS, UNHA HISTORIA
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
Escrito por: Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.
cartel dia


Nós lemos, e ti?
CONCURSO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2015
Con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), xunto coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso "Nós lemos, e ti?"





venres, 6 de marzo de 2015

Frase da Semana

Quen foi Eduardo Galeano?
" Moita xente PEQUENA
en lugares PEQUENOS,
facendo cousas PEQUENAS,
poden cambiar o mundo"

luns, 2 de marzo de 2015

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

TRABALLOS REALIZADOS POLAS NENAS E NENOS DO COLE.