Páxinas

xoves, 19 de marzo de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Este ano, o país escollido é Emiratos Árabes Unidos. O deseño do cartel é da ilustradora Nasim Abaeian, e o texto, de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, destacada figura da literatura infantil no seu país.

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2015
MOITAS CULTURAS, UNHA HISTORIA
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
Escrito por: Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.
cartel dia


Nós lemos, e ti?
CONCURSO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2015
Con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), xunto coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso "Nós lemos, e ti?"





Ningún comentario:

Publicar un comentario