Páxinas

martes, 12 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO. WILLIAM SHAKESPEARE

Este ano celébrase o 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare o 23 de abril. Dende a biblioteca queremos achegarvos á figura destes grandes escritores.

WILLIAM SHAKESPEARE.
EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º PRIMARIA.
Os alumnos de 5º de primaria estiveron a traballar na biografía de Shakespeare.


E os alumnos de 3º de primaria estiveron a traballar no vocabulario relacionado con "Romeo and Juliet"



Facendo click aquí poderedes mirar animacións dalgunhas das obras máis coñecidas de William Shakespeare.
Recomendamos "Romeo and Juliet" para infantil, e todas as outras animacións para 1º e 2º.

Imos agora a escoitar unha canción incluida na película "Gnomeo e Julieta" baseada na famosa obra "Romeo e Julieta".



En Londres, Shakespeare traballou nun teatro chamado The Globe que ainda sigue aberto hoxe en día. No súa web podemos encontrar numerosas actividades para nenos e nenas que encontraredes premendo aquí. 
Recomendamos "Cast the Beast" para infantil e "Spot the difference" para 1º e 2º.

3º E 4º PRIMARIA.
Os alumnos de 5º de primaria estiveron a traballar na biografía de Shakespeare.

Premede aquí para acceder a unas sinxelas animacións sobre varias obras de Shakespeare.
Podedes tamén observar a importancia do teatro naquela época observando a seguinte escea da película "Shakespeare in Love".

5º E 6º PRIMARIA.
Os alumnos de 5º A prepararon esta pequena biografía para presentarvos a William Shakespeare. 


º


Podedes observar en este pequeno fragmento da película "Shakespeare In Love" como era o teatro en aqueles tempos nos que Shakespeare traballaba. 

Ademáis dun gran dramaturgo Shakespeare foi tamén un xenial poeta que plasmou nos seus sonetos a súa visión do amor, do paso do tempo e do mundo en xeral. Os seus sonetos de amor son especialmente fermosos, tanto que pasaron a formar parte de obras posteriores como podedes comprobar en esta escea de "Sense and Sensibility" de Jane Austen. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario