Páxinas

mércores, 16 de maio de 2018

      O venres pasado visitou a biblioteca a autora de "Escarlatina", a cociñeira defunta", un libro moi ameno que nos consta a historia de Román Casas e do agasallo tan singular que recibiu no seu décimo aniversario.
     O alumnado de cuarto quedou encantado coa infinidad de anécdotas do seu avó (a morte dos balóns, a colección estrafalaria, o seu pasatempo favorito... ) e que inspirou a un dos personaxes principais do libro. Con cada pequeno relato, sacounos un tímido sorriso.
     Ademais tivemos tempo para facerlle preguntas e para compartir inquedanzas. Adiantounos o título do seu próximo libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez", informounos do concurso relacionado co libro e asinounos algúns dos seus libros.

    Unha visita moi interesante e unha escritora... fantástica

Ningún comentario:

Publicar un comentario