Páxinas

domingo, 15 de novembro de 2020

20 NOVEMBRO | DÍA DA INFANCIA

“Algúns nenos NON queren un iPhone, unha Xbox ou unha Play Station, o único que queren é un LIBRO e un BOLÍGRAFO”.  

Malala Yousafzai


O Día da Infancia conmemórase todos os anos o 20 de novembro, adicado a todos os nenos e nenas do mundo. É un día para celebrar os avances conseguidos, pero tamén para lembrar aos nenos e nenas que se atopan nunha situación desfavorecida; dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas sobre a importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.


O obxectivo principal do Día da Infancia é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son un dos colectivos máis vulnerables, e polo tanto, que máis situacións de crise sufren nos distintos problemas do mundo.


Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación, á identidade, á protección, a xogar, á súa liberdade de expresión, á alimentación e á vivienda, con independencia do lugar do mundo no que naceran.


Por iso, no noso colexio conmemoramos este día, para lembrar e recoñecer os dereitos dos nenos e nenas, que adquiren unha especial relevancia nestes momentos de crise mundial.

            
            

Ningún comentario:

Publicar un comentario