Páxinas

martes, 27 de setembro de 2022

LONGORETA Y LINGORETO

Bufino quere presentarvos un libro que temos na Biblio do García Barbón, "Lingoreta y Lingoreto. Respiración" . Este é un conto 📖 e unha canción 🎶 que se presenta nas escolas infantís para que os pequenos aprendan acerca da importancia da respiración nasal👃🏼 mediante unha actividade lúdica e didáctica. Tamén inclúe unha escala📝 de observación da respiración de nenos e nenas por parte da familia e do contexto do fogar, para que, se sospeitan dunha posible respiración bucal, acudan ó seu pediatra. 🧠 A misión é concienciar a comunidade educativa, familias e persoal no ámbito sanitario da importancia que ten unha correcta respiración nasal, conseguindo así reducir os casos de respiración bucal que no centro Lingoreta veñen detectando a edades xa avanzadas e con graves repercusións na calidade da vida dos menores (desenvolvemento incorrecto da mandíbula, deficitaria oxigenación cerebral, descanso non reparador, repercusións a nivel de aprendizaxe no entorno escolar). 🚀Que lugares increíbles visitarán Lingoreta y Lingoreto? 🙆🏻♀️🙆🏻♂️ B 🤳Recordade: se tedes algunha dúbida sobre a respiración dos vosos fillos/as podedes contactar por email ou Instagram co centro Lingoreta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario