martes, 21 de xaneiro de 2014

ÁLBUM INFANTIL

Tonino é unha novidade da editorial OQO. Escrito por Miguel Salas e ilustrado por Paolo Domeniconi.
Un pingüín que soña co descoñecido decide viaxar ao deserto para converterse en beduino. 
Coma sempre,  adoitamos querer o que non temos e valorar o que tiñamos unha vez perdido; e así lle ocorre tamén ao noso protagonista quen sentirá morriña dos seus.
Non vos perdades esta historia escrita en verso.
A Tonino le importa tres pepinos
lo que piensen su madre y sus vecinos.
Él sueña con vivir en el desierto;
esto es lo único cierto.

Portada do libro
 

EL NIÑO Y LA BESTIA



Este libro trata, dun modo sutil, a separación dos proxenitores, sin caer no dramático da situación.
Máis que a historia dun neno e da súa nai esta é unha  historia de sentimentos, unha reflexión sobre como viven os pequenos a separación dos pais.
Publicado na editorial  Picarona, Uwe Heidschötter e Marcus Sauermann asinan o libro.
O conto está baseado nunha curtometraxe de éxito realizada polos mesmos autores titulado “O pequeno e a besta”.


Portada do libro