venres, 29 de xaneiro de 2021

EXPOSICIÓN VIRTUAL: OS CONTOS DO NADAL

Bo día!

Deixámosvos a exposición dos contos que vos regalaron polo Nadal. Moitas grazas a todas as familias por animarvos a participar. A Bufino encantáronlle! Agardamos que vos sirvan para atopar novos libros que vos gustaría ler.

(Preme na imaxe para ver a exposición)

xoves, 21 de xaneiro de 2021

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO

O alumnado de 5º de Educación Primaria tivo a sorte de asistir a un obradoiro de radio, na biblio do noso cole, da man de Xerardo e Damián, membros da Asociación Ponte nas Ondas. Moitas grazas por todo, agardamos facer moitos máis programas nun futuro próximo. Podedes premer nas imaxes para escoitar o noso primeiro contacto co mundo das ondas.

luns, 18 de xaneiro de 2021

GARCIBÓN | NADAL 2020

Ola, ola!

O alumnado de 3ºB realizou un novo programa de radio, esta vez sobre o Nadal. Esperamos que vos guste, está do máis interesante!

luns, 11 de xaneiro de 2021

NO NADAL UN CONTO

 Como agasallo de Nadal, Bufino quere compartir con nós unha serie de contacontos en galego. Podedes acceder aos mesmos premendo na imaxe. 


Agardamos que vos gusten! Unha aperta moi grande de parte de Bufino.