Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓNS. Amosar todas as publicacións

venres, 9 de xuño de 2023

mércores, 22 de marzo de 2023

DÍA MUNDIA DA POESÍA

O 21 me marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, e foi declarado pola UNESCO en 1999, " co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e aumentar a oportunidade de escoitar as linguas en perigo de extinción" Xa podes ver na nosa biblioteca a exposición de libros de poesía!

mércores, 15 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

En moitos países, o 14 de Marzo xa se viña celebrando como o Día de Pi, polo que a UNESCO consolida o recoñecemento actual das matemáticas polo seu importante papel para facer frente aos desafíos do noso tempo.

mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de Marzo, celebramos o Día Internacional da Muller. Para iso cada unha das clases realizou un traballo bibliográfico sobre mulleres relacionadas co espazo. Cos distintos traballos confeccionouse o mural que está na corticeira da entrada do colexio. Ademáis disto, na biblioteca están expostos os libros dos que dispón sobre a temática da muller e da igualdade.

luns, 5 de decembro de 2022

DÍA DA DISCAPACIDADE

O pasado 3 de Decembro celebrouse o Día da Discapacidade. Dende a biblioteca fixemos unha selección dos libros nos cales se trata este tema. Algúns dos libros son " María cumple 20 años", " Todos somos diferentes", " Dan y Diesel", etc. E recordade que a discapacidade é capacidade extraodinaria de ser capaz!

martes, 26 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

Non vos perdades a selección que fixemos dende a bibliotea para conmemorar o día do libro. Nesta exposición podedes atopar dende libros moi antigos como " El primer manuscrito" da editorial Dalmáu ata libros de arte relacionados coa edición dun libro.

venres, 29 de xaneiro de 2021

EXPOSICIÓN VIRTUAL: OS CONTOS DO NADAL

Bo día!

Deixámosvos a exposición dos contos que vos regalaron polo Nadal. Moitas grazas a todas as familias por animarvos a participar. A Bufino encantáronlle! Agardamos que vos sirvan para atopar novos libros que vos gustaría ler.

(Preme na imaxe para ver a exposición)

venres, 15 de marzo de 2019

EXPOSICIÓN CONTOS INCLUSIÓN


Durante este mes de marzo e ata o 12 de abril temos a sorte de contar, na nosa biblioteca, cunha maleta de contos relacionados coa inclusión, cedida polo CEFORE de Vigo. Podedes atopar algúns tan interesantes como: Con Tango son tres, El cazo de Lorenzo, Ahora me llamo Luisa, Unas gafas para Rafa, entre outros moitos.


Lembrade que estes libros non se poden prestar, pero sempre podedes botarlle unha ollada na biblio. 
Moitas grazas.

luns, 2 de febreiro de 2015

TRABALLANDO OS SENTIMENTOS

Escolma de libros que poderedes atopar na biblioteca do cole para traballar:

AMIZADE                                                                                                          SINCERIDADE

HUMANIDADEBENEVOLENCIA   









martes, 18 de novembro de 2014

O MEDO...

Cada nena e neno ten a súa colección de medos...: un medo enorme ás arañas, aos monstros, á escuridade, a quedar só, a caer polo buraco do váter, ás serpes, ás bruxas, pantasmas.....e como Fiz podédelos atrapar e meter nun enorme baúl de madeira, asustalos e....agardar a que vaian facéndose máis e máis pequenos...


Quen lle ten medo á ....?

venres, 14 de novembro de 2014