luns, 13 de maio de 2024

Radiopatio

Radiopatio



O pasado martes, 7 de maio, celebrouse a primeira sesión de Radiopatio do Barbón. Os nenos e nenas de 5º de primaria A estiveron a traballar nun guión, que despois puxeron en práctica con grande éxito, pois a audiencia non era pouca.

Esperamos que este sexa o primeiro de moitos programas de Radiopatio e que desfrutarades moito.

domingo, 5 de maio de 2024

Semana do libro no Barbón




Que semana do libro tivemos este ano!

O 23 foi o día do libro, e os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria apadriñaron ó resto do alumnado. Aproveitando que ía bo tempo, baixamos ó patio para lerlles os libros que estiveran preparando e todos desfrutamos moito dese momento de lecer e ler.

Esa semana tamén tivemos a visita de Iria Misa, que lle veu contar ó alumnado de 5º e 6º moitas cousas interesantes sobre o seu libro Unha veciña de película, que estiveron lendo durante este curso.

Ademais, tamén veu Oli, escritor de Leocadio, o león, libro que leron os nenos e nenas de 2º de primaria e que puideron desfrutar dunha charla moi amena con el.

Como vedes, unha celebración ben cargada de emocións.

Unha aperta de Bufino!


venres, 22 de marzo de 2024

Valoración da biblioteca


Boas a todas e todos!

Bufino quere saber como o estamos a facer o equipo de biblioteca, e para iso queremos deixarvos por aquí unha enquisa onde podedes expresar a vosa opinión, facer achegas, propostas de mellora, etc., sobre a biblio do Barbón.

Biblioteca de Bufino (google.com)

Moitas grazas pola vosa colaboración! 😊




mércores, 20 de marzo de 2024

Ledicia Costas

 


Ledicia Costas veunos visitar o venres pasado ós alumnos e alumnas de 4º de primaria. Falounos un pouco dos seus gustos, de por que escribe libros coa temática de pantasmas, vampiros, etc., e tamén estivemos a falar do libro que limos entre todos e todas, VAMPIRA DE BIBLIOTECA!

Despois, asinounos os libros e marcapáxinas que tiñamos e ata tiña un selo súper chulo do libro!

Moitas grazas por vir, Ledicia!

mércores, 24 de xaneiro de 2024

Biblioteca dixital

A biblioteca dixital chega ó García Barbón!


Aquí vos deixamos a páxina de acceso e máis o manual para poder obter libros do catálogo dixital que pon á nosa disposición a Xunta de Galicia e que podedes empregar co usuario e contrasinal proporcionados.

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/?locale=gl

https://drive.google.com/file/d/12RKEGZHLZCV3ZaVC1iDLcchp-3I4Pglv/view?usp=drive_link

Esperemos que disfrutedes moito da lectura dixital,

O equipo de Biblioteca.

xoves, 21 de decembro de 2023

Recomendacións lectoras de Nadal

Comezan as vacacións de Nadal e agora por fin podemos ter algo máis de tempo para perdernos entre as páxinas dalgún libro. Aquí vos deixamos algunha recomendación para que desfrutedes! Vémonos en xaneiro!



luns, 23 de outubro de 2023

APERTURA DA BIBLIOTECA

MAÑÁ, 24 DE OUTUBRO, BUFINO ABRIRÁ DE NOVO A BIBLIOTECA. ESPERAVOS CON MOITO ENTUSIASMO E DI QUE O VADES A PASAR DE CINE!!!





xoves, 22 de xuño de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN

 Remata o curso e Bufino quería agradecervos a vosa participación na biblio e desexarlle un bo porvir os alumnos e alumnas de 6º que emprenden o seu futuro no instituto. Aquí vos deixamos unha serie de recomendacións lectoras para este verán. Vémonos o curso que vén!!!


venres, 9 de xuño de 2023

luns, 29 de maio de 2023

QUE APRENDEMOS DOS LIBROS DO UNIVERSO?

Aquí vos deixamos un vídeo feito por algúns dos alumnos e alumnas sobre o que aprenderon dos libros do Espazo, espero que vos guste!

Preme na imaxe para ver o vídeo.



O HEMATOCRÍTICO

O PASADO XOVES VISITOUNOS O HEMATOCRÍTICO E ESTIVO CO ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA PRESENTANDO ALGÚNS DOS SEUS LIBROS COMO FELIZ FEROZ. FIRMOUNOS MOITOS DOS SEUS LIBROS OS CALES TEMOS NA BIBLIOTECA!

domingo, 21 de maio de 2023

VISITA DE SUSANA PEIX

O Xoves tivemos a visita de Susana Peix para o alumnado de 2º de primaria. Presentounos a colección de libros lemos + 6 a cal está dirixida a etapa posterior a descodificación do código lector. Súas características papel, tipografía e disposición do texto e ilustracións facilitan a lectura e comprensión da naracción facendoa máis accesible os nenos e nenas con dificultades lectoras ou trastornos do aprendizaxe. Susana tamén nos firmou varios libros que tiñamos na biblioteca como " Milko" ou " Os meus veciños".

martes, 9 de maio de 2023

BUFIPALABRA!

Xa estamos rematando o curso e queríamos propor a todos os nenos e nenas do Garcia Barbón un reto super divertido, BUFIPALABRA! Consiste nunha serie de preguntas coa inicial de cada letra relacionadas co tema do Universo e dos libros en xeral. Non volo perdades!!!

venres, 28 de abril de 2023

APADRIÑAMENTO LECTOR

Polo día do libro, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria fixeron un apadriñamento lector ao resto dos cursos. Para iso os padriños e madriñas prepararon a lectura dos libros escollidos polos seus afillados con moito esmero e cariño e sen dúbida foi un grande éxito. En agradecemento, os lectores e lectoras recibiron un marcapáxinas feito polo alumnado máis novo do centro. Bufino espera que tivérades un gran día do libro!

mércores, 22 de marzo de 2023

DÍA MUNDIA DA POESÍA

O 21 me marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, e foi declarado pola UNESCO en 1999, " co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e aumentar a oportunidade de escoitar as linguas en perigo de extinción" Xa podes ver na nosa biblioteca a exposición de libros de poesía!

mércores, 15 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

En moitos países, o 14 de Marzo xa se viña celebrando como o Día de Pi, polo que a UNESCO consolida o recoñecemento actual das matemáticas polo seu importante papel para facer frente aos desafíos do noso tempo.

mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de Marzo, celebramos o Día Internacional da Muller. Para iso cada unha das clases realizou un traballo bibliográfico sobre mulleres relacionadas co espazo. Cos distintos traballos confeccionouse o mural que está na corticeira da entrada do colexio. Ademáis disto, na biblioteca están expostos os libros dos que dispón sobre a temática da muller e da igualdade.

luns, 6 de febreiro de 2023

BUFI RETOS DÍA DA PAZ

Esta semana pasada celebramos o día da Paz. Para iso fixemos unha exposición de diferentes libros sobre o tema. Tamén fixemos bufi retos cos libros " La paloma Mari Paz" e " Homiño de papel", os cales están expostos no corredor da biblioteca. Vinde a velos!!!