martes, 14 de febreiro de 2017

ENCONTRO POÉTICO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

A pasada semana, Antonio García Teijeiro, visitou o CEIP García Barbón e mantivo un encontro poético co alumnado de 4º e 6º do centro. 

Se vos interesa esta sesión de animación á lectura ou outras actividades que se fan no cole relacionadas coa lingua galega, podedes ver máis información no blog do Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP García Barbón "Lareando no Barbón".

http://lareando.blogspot.com.es/

martes, 7 de febreiro de 2017

Club de lectura

O CLUB DE LECTURA TEN UN NOVO LIBRO POR DIANTE PARA COÑECER NOVAS AVENTURAS! 
SEGUE AS PISTAS!


Ao final do trimestre publicaremos as valoracións dos integrantes do Club de lectura sobre a obra.

mércores, 1 de febreiro de 2017

Novidades editoriais

Bufino, a mascota da biblioteca, preséntache as novidades editoriais deste mes de xaneiro, pensadas para para todos os lectores. 








Desexamos que vos gusten!
Un saúdo.

xoves, 3 de novembro de 2016

Están chegando ás casas as MOCHILAS VIAXEIRAS!!!


Dende hai varios anos, a biblioteca do cole leva a cabo a actividade das Mochilas Viaxeiras. Esta actividade permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en prestamo temporal, uns materiais para que tanto os nosos alumnos e alumnas como os seus familiares disfruten e compartan grandes momentos. Consiste en ler xuntos por puro lecer, en compartir as lecturas, expresar comentarios, emocións...