luns, 26 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O xoves 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 
Se queredes saber maís ou ler na biblioteca atoparás un montón de libros.  

mércores, 31 de outubro de 2018

FORMACIÓN USUARIOS


Aproveitando o día das bibliotecas escolares, fixemos unha xornada de formación para o noso alumnado, na que tiveron que ir resolvendo distintos retos mentres traballaban de maneira cooperativa. Aquí vos deixamos algunhas imaxes:



E non olvidedes que...

martes, 30 de outubro de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

PREPARADOS PARA UN ESCAPE ROOM??? PROXIMAMENTE AS IMAXES!!!

SAMAÍN!!!!

Ola!!!

Xa temos na nosa biblioteca unha exposición de libros de medo para o Samain. Os destinatarios e destinatarias serán os nenos e nenas que se acheguen á biblioteca nos próximos días!!!



martes, 16 de outubro de 2018

Exposición "Química na cociña"


Desde fai varios días podedes disfrutar na biblioteca dunha fantástica exposición de libros de ciencia "Química na cociña" cedida polo CFR de Vigo. Estos libros non se poden prestar pero podense consultar na biblioteca.


Moitas grazas!
Un saúdo do equipo de Biblioteca.

xoves, 20 de setembro de 2018

Benvidos a biblioteca


Estimadas familias:

Un curso máis, dámosvos a benvida invitándovos a participar connosco.

Lembrámosvos que a partir de outubro a biblioteca do Centro recuperará o seu horario de tarde para que poidades utilizar os servizos de PRÉSTAMOS e DEVOLUCIÓNS.

 LUNS, MÉRCORES E XOVES DE 17 A 18 HORAS 


Un saúdo


O equipo de biblioteca 

mércores, 30 de maio de 2018

Peche da biblioteca

      Informámosvos que o peche da biblioteca, así como os diferentes servizos que ofrece, realizarase o Venres 1 de xuño, polo que todos os materiais bibliográficos e audiovisuais deben ser devoltos antes desta data.

Un saúdo!