venres, 22 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Co gallo da conmemoración, o día 24 de febreiro, do aniversario de Rosalía de Castro, tivemos na biblioteca un expositor con algúns títulos relacionados coa autora. 


luns, 11 de febreiro de 2019

CHARLA NUTRICIONISTA


A nutricionista Amil López Viéitez visitou o colexio para concienciarnos da importancia de levar a cabo unha boa alimentación e practicar deporte. Todos os cursos de Educación Primaria asistimos a esta charla. 
Moitas grazas Amil polos teus consellos!


Se queredes saber máis podedes consultar o seguinte PDF:

xoves, 31 de xaneiro de 2019

30 XANEIRO | DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Con motivo da celebración do Día Escolar da non Violencia e da Paz temos na biblioteca do colexio unha exposición de libros relacionados coa temática.  


venres, 21 de decembro de 2018

RECEITAS DE NADAL

Este curso dende a biblioteca estamos a traballar a alimentación. Aproveitamos o nadal para realizar unhas deliciosas receitas. Tomade nota porque están todas boísimas!!




luns, 26 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O xoves 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 
Se queredes saber maís ou ler na biblioteca atoparás un montón de libros.  

mércores, 31 de outubro de 2018

FORMACIÓN USUARIOS


Aproveitando o día das bibliotecas escolares, fixemos unha xornada de formación para o noso alumnado, na que tiveron que ir resolvendo distintos retos mentres traballaban de maneira cooperativa. Aquí vos deixamos algunhas imaxes:



E non olvidedes que...