luns, 13 de abril de 2020

RETO # 3 - CREANDO BUFINOS

Creando Bufinos. A nosa mascota Bufino quedou no cole coidando da biblioteca durante estes días. Que vos parece se lle agradecemos esta labor facendo unha manualidade? Aproveitando diferentes materiais de refugallo que atopedes pola casa, teredes que crear ao noso moucho Bufino poñéndolle todo aquilo que se vos ocorra...


Cando volvamos ao cole, faremos unha exposición de todas as vosas creacións. Mentres tanto, se queredes, podedes facernos chegar unha imaxe tanto da vosa manualidade como do vosos debuxos a través do correo electrónico: barbonbiblio@gmail.com 
Estaremos encantados/as de recibilas e de ir subindo ao blog todos os vosos traballos.

RETO #2 - TRAS AS FIESTRAS

 Tras as fiestras. Que cousas estades a facer durante estes días de confinamento? Plasmade nun debuxo todas esas cousas que facedes a diario nas vosas casas. Podedes empregar a técnica e os materiais que máis vos gusten .

Con todos eses debuxos faremos un gran libro que pasará a formar parte da nosa biblioteca. Deberá ser en tamaño A4 e en horizontal.

RETO #1 - ADIVIÑANDO EMOJIS

Reto dos Emojis. Bufino leva moitos días só na biblio do cole e, de tanto ler nos libros para pasar mellor estes días, ocorréuselle un xogo para vós! Seredes quen de adiviñar que títulos de libros infantís se esconden tras estes emojis?  Moito ánimo! Podedes deixar as vosas respostas nos comentarios 😉.

COMPILACIÓN DE CONTOS SOBRE O CORONAVIRUS


CONTOS EN LIÑA

Feliz Feroz. O lobiño riquiño INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS ...Vaia tropa! Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En Diante ...
Cuentos cortos de animales en peligro Castellano - A PARTIR DE 3 ...

luns, 9 de marzo de 2020

8M | MULLERES EN LOITA POLO MEDIO AMBIENTE

Dentro do noso proxecto "Medio ambiente non é suficiente" o alumnado estivo traballando sobre distintas mulleres que loitan polo coidado do medio.

mércores, 4 de marzo de 2020

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Ola familias!
Dende o equipo de biblioteca queremos invitarvos a participar na actividade "UN QUILO, UN LIBRO". Unha campaña solidaria que consiste no intercambio de alimentos non perecedoiros por libros de segunda man. A actividade levarase a cabo ao longo da vindeira semana, do 9 ao 13 de marzo. Poderedes facer o intercambio na aula de usos múltiples, en horario de 9:00 a 9:30 ou de 13:30 a 14:00. Os alimentos recollidos serán doados ao banco de alimentos. Animádevos a participar!