mércores, 22 de abril de 2020

CONTACONTOS PROFE ALMUDENA

Que mellor forma de celebrar a semana do libro que cun contacontos para os máis pequenos/as por parte da nosa compañeira Almudena Janeiro. Mariluz Avestruz contado con moitas sorpresas, ídesvolo perder? Moitas grazas compañeira por prestarte a facer estas cousas!

Preme na imaxe para desfrutar do conto.

martes, 21 de abril de 2020

DE RETO EN RETO

Adai un alumno de 4º EP A quixo compartir con nós un dos seus libros favoritos, respondendo ao reto de Bufino... pero fíxoo dun xeito moi especial, codificou o seu título! Seguide as súas instrucións para dar co libro. Non dubidedes en escribirlle a Adai as vosas respostas.


CURTAMETRAXE PARA O FOMENTO DA LECTURA

Pode un libro transformar as nosas vidas? Animámosvos a ver esta pequena curtametraxe na que descubriredes como moitas veces un libro é capaz de axudarnos a redescubrir o mundo, potenciar as nosas calidades e, incluso, nos indican o camiño a seguir.

luns, 20 de abril de 2020

RETOS SEMANA DO LIBRO

Bufino volve traer consigo unha serie de novos retos para realizar nesta semana do libro. Estades preparados/as? Animádevos a participar nalgunha ou en todas as actividades propostas.

Reto #1 | E ti, que les? Enviádenos ao enderezo electrónico unha foto ou un debuxo do libro que esteades a ler nestes días de confinamento... ou do voso libro favorito!

Reto #2 | Elaboración de marcapáxinas. Deixade voar a vosa imaxinación e co material que teñades na casa, elaborade uns marcapáxinas para empregar nos vosos libros.

Reto # 3 | Pequenos/as artistas. Aquiles o puntiño, un conto con texto de Guia Risari e ilustracións de Marc Taeger, ideal para aprender as partes do corpo e os sentidos. Neste vídeo, Olalla González relata a historia mentres o seu ilustrador acompaña a narración con debuxos moi coloridos. Serás ti quen de facer o mesmo? Escoita a historia e ao mesmo tempo vai debuxando...


Non esquezades enviar as vosas fotos, tanto do marcapáxinas como da vosa obra de arte, ao noso enderezo electrónico: barbonbiblio@gmail.com

luns, 13 de abril de 2020

RETO # 3 - CREANDO BUFINOS

Creando Bufinos. A nosa mascota Bufino quedou no cole coidando da biblioteca durante estes días. Que vos parece se lle agradecemos esta labor facendo unha manualidade? Aproveitando diferentes materiais de refugallo que atopedes pola casa, teredes que crear ao noso moucho Bufino poñéndolle todo aquilo que se vos ocorra...


Cando volvamos ao cole, faremos unha exposición de todas as vosas creacións. Mentres tanto, se queredes, podedes facernos chegar unha imaxe tanto da vosa manualidade como do vosos debuxos a través do correo electrónico: barbonbiblio@gmail.com 
Estaremos encantados/as de recibilas e de ir subindo ao blog todos os vosos traballos.