Como agasallo de Nadal, Bufino quere compartir con nós unha serie de contacontos en galego. Podedes acceder aos mesmos premendo na imaxe.
Agardamos que vos gusten! Unha aperta moi grande de parte de Bufino.
Como agasallo de Nadal, Bufino quere compartir con nós unha serie de contacontos en galego. Podedes acceder aos mesmos premendo na imaxe.
“Algúns nenos NON queren un iPhone, unha Xbox ou unha Play Station, o único que queren é un LIBRO e un BOLÍGRAFO”.
Malala Yousafzai
O Día da Infancia conmemórase todos os anos o 20 de novembro, adicado a todos os nenos e nenas do mundo. É un día para celebrar os avances conseguidos, pero tamén para lembrar aos nenos e nenas que se atopan nunha situación desfavorecida; dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas sobre a importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.O obxectivo principal do Día da Infancia é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son un dos colectivos máis vulnerables, e polo tanto, que máis situacións de crise sufren nos distintos problemas do mundo.Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación, á identidade, á protección, a xogar, á súa liberdade de expresión, á alimentación e á vivienda, con independencia do lugar do mundo no que naceran.Por iso, no noso colexio conmemoramos este día, para lembrar e recoñecer os dereitos dos nenos e nenas, que adquiren unha especial relevancia nestes momentos de crise mundial. |