venres, 5 de marzo de 2021

8 MARZO | DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Polo 8 de marzo queremos compartir con vós os seguintes PDFs. O primeiro deles está cheo de contos que nos poden servir para conmemorar este día. No segundo atoparedes as historias de 25 mulleres importantes dentro do ámbito do deporte. Agardamos que vos gusten e que os atopedes útiles!

xoves, 18 de febreiro de 2021

13 FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO

Co gallo do Día Mundial da Radio, o alumnado de Primaria elaborou un novo programa sobre esta data tan sinalada. Podedes escoitalo, coma sempre, premendo na imaxe. 

EBIBLIO E GALICIALE

O alumnado voluntario de 6º de Educación Primaria anímavos a empregar os servizos de préstamo virtual da Rede Pública de Bibliotecas de Galicia. Bufino agradécevos a vosa axuda!

(Preme na imaxe e verás o vídeo)

Para más información visita:

                               

luns, 8 de febreiro de 2021

11 FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

A nivel de centro, este trimestre, imos conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Estivemos traballando moito e proximamente dende o Equipo TICS compartirán con vós todo o aprendido... Mentres tanto, deixámosvos por aquí información sobre esta data, premede na imaxe para acceder a ela. Agardamos que vos guste!

venres, 29 de xaneiro de 2021

EXPOSICIÓN VIRTUAL: OS CONTOS DO NADAL

Bo día!

Deixámosvos a exposición dos contos que vos regalaron polo Nadal. Moitas grazas a todas as familias por animarvos a participar. A Bufino encantáronlle! Agardamos que vos sirvan para atopar novos libros que vos gustaría ler.

(Preme na imaxe para ver a exposición)

xoves, 21 de xaneiro de 2021

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO

O alumnado de 5º de Educación Primaria tivo a sorte de asistir a un obradoiro de radio, na biblio do noso cole, da man de Xerardo e Damián, membros da Asociación Ponte nas Ondas. Moitas grazas por todo, agardamos facer moitos máis programas nun futuro próximo. Podedes premer nas imaxes para escoitar o noso primeiro contacto co mundo das ondas.