venres, 14 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Como xa sabedes, este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a escritora Xela Arias.

(Preme na imaxe para máis info)


Deixámosvos por aquí, un Escape Game moi divertido sobre a autora, seredes quen de resolvelo?

venres, 30 de abril de 2021

ENTREVISTA LUCÍA PÉREZ


O alumnado de 3º B EP entrevistou a cantante Lucía Pérez. Para ir abrindo boca, podedes ver o marabilloso tráiler que fixeron co profe Jesús.

(Preme na imaxe para ver o tráiler)
(Se queres escoitar a entrevista completa fai clic na imaxe)

venres, 16 de abril de 2021

OBRADOIRO RADIO NA BIBLIO 2

Nesta ocasión, tocoulle a quenda ao alumnado de 6º Educación Primaria. Puxéronse mans á obra para aprender moito sobre a radio e animáronse coa creación dun podcast. Se pinchades nas imaxes podedes escoitalos. Agardamos que vos gusten e moitas grazas ao equipo de Ponte nas ondas pola súa axuda!

6º Educación Primaria A e C
6º Educación Primaria B e C

venres, 12 de marzo de 2021

NOVIDADES BIBLIO

Ola nen@s! Temos a biblio do cole chea de novidades, con todos os contos que máis vos gustan e que lle pedichedes a Bufino. Agardamos que nos visitedes pronto!



mércores, 10 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA


Para conmemorar a Semana da Prensa, todo o alumnado do cole animouse a elaborar o seguinte xornal, baixo o lema "Saúde e Ciencia, na prensa". Traballamos con moita ilusión e agardamos que vos guste.