mércores, 15 de marzo de 2023
DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS
En moitos países, o 14 de Marzo xa se viña celebrando como o Día de Pi, polo que a UNESCO consolida o recoñecemento actual das matemáticas polo seu importante papel para facer frente aos desafíos do noso tempo.
mércores, 8 de marzo de 2023
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe, 8 de Marzo, celebramos o Día Internacional da Muller. Para iso cada unha das clases realizou un traballo bibliográfico sobre mulleres relacionadas co espazo. Cos distintos traballos confeccionouse o mural que está na corticeira da entrada do colexio. Ademáis disto, na biblioteca están expostos os libros dos que dispón sobre a temática da muller e da igualdade.
luns, 6 de febreiro de 2023
BUFI RETOS DÍA DA PAZ
Esta semana pasada celebramos o día da Paz. Para iso fixemos unha exposición de diferentes libros sobre o tema. Tamén fixemos bufi retos cos libros " La paloma Mari Paz" e " Homiño de papel", os cales están expostos no corredor da biblioteca. Vinde a velos!!!
xoves, 22 de decembro de 2022
luns, 5 de decembro de 2022
DÍA DA DISCAPACIDADE
O pasado 3 de Decembro celebrouse o Día da Discapacidade. Dende a biblioteca fixemos unha selección dos libros nos cales se trata este tema. Algúns dos libros son " María cumple 20 años", " Todos somos diferentes", " Dan y Diesel", etc.
E recordade que a discapacidade é capacidade extraodinaria de ser capaz!
xoves, 24 de novembro de 2022
VISITA DE ANDREA MACEIRAS
ANDREA MACEIRAS VISITA O NOSO COLE PARA PRESENTAR AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE PRIMARIA O SEU LIBRO DO ITINERARIO LECTOR "CONTA NOVE ESTRELAS". A AUTORA FIXO UNHA PRESENTACIÓN DA SÚA OBRA E DEDICÓUNOS "ALMA DE ELEFANTE" QUE TAMÉN FIGURA NO CATÁLOGO DA NOSA BIBLIOTECA.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








