Ola nen@s! Temos a biblio do cole chea de novidades, con todos os contos que máis vos gustan e que lle pedichedes a Bufino. Agardamos que nos visitedes pronto!



Ola nen@s! Temos a biblio do cole chea de novidades, con todos os contos que máis vos gustan e que lle pedichedes a Bufino. Agardamos que nos visitedes pronto!



Polo 8 de marzo
queremos compartir con vós os seguintes PDFs. O primeiro deles está cheo de
contos que nos poden servir para conmemorar este día. No segundo atoparedes as
historias de 25 mulleres importantes
dentro do ámbito do deporte. Agardamos que vos gusten e que os atopedes útiles!
A nivel de centro, este trimestre, imos conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Estivemos traballando moito e proximamente dende o Equipo TICS compartirán con vós todo o aprendido... Mentres tanto, deixámosvos por aquí información sobre esta data, premede na imaxe para acceder a ela. Agardamos que vos guste!