martes, 21 de setembro de 2021

BÓTALLE UNHA MAN AO MAR!

 Bufino quere ensinarvos o tema de este ano " Bótalle unha man ao mar". Para iso creamos un super mural coas nosas portadas favoritas sobre o mar.  Por certo, saberíades atopar a un peixiño moi famoso no mural? a ver si o encontrades. 


Aquí vos deixo a nosa exposición permanente con todo o tema relacionado co mar. Espero que vos guste. 



xoves, 24 de xuño de 2021

ATA O VINDEIRO CURSO!

Remata un curso máis, a pesar de ter sido atípico podemos dicir que conseguimos superalo! Dende a biblio, Bufino, quere darvos as grazas a todos e todas pola vosa colaboración, en especial, aos voluntarios de 6º de Primaria que o vindeiro curso inician unha nova etapa no instituto. Vémonos moi pronto pola biblio!

venres, 14 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Como xa sabedes, este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a escritora Xela Arias.

(Preme na imaxe para máis info)


Deixámosvos por aquí, un Escape Game moi divertido sobre a autora, seredes quen de resolvelo?

venres, 30 de abril de 2021

ENTREVISTA LUCÍA PÉREZ


O alumnado de 3º B EP entrevistou a cantante Lucía Pérez. Para ir abrindo boca, podedes ver o marabilloso tráiler que fixeron co profe Jesús.

(Preme na imaxe para ver o tráiler)
(Se queres escoitar a entrevista completa fai clic na imaxe)