venres, 15 de marzo de 2019

VISITA IAGO LÓPEZ


O alumnado de 1º e 2º de primaria tivo a sorte de asistir a un contacontos moi especial: visitounos nin máis nin menos que Iago López! Autor de libros como O coiñeiro Martiño ou O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas
Como vedes, os seus contos están moi relacionados coa temática da alimentación que tanto estamos a traballar este ano na nosa escola. Para este contacontos Iago, contou coa colaboración dalgúns nenos e nenas. Ao finalizar, non faltou tempo para as dedicatorias e firmas de exemplares.
Mil grazas pola túa visita, Iago! Ata a próxima


luns, 11 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Por mor da celebración do Día Internacional da Muller tivemos unha selección de libros relacionados coa temática na biblioteca da nosa escola. Na seguinte foto podedes botarlle unha ollada aos títulos dos que dispoñemos.


Bufino, a mascota da biblioteca, aproveitou a ocasión para encomendarnos unha misión relacionada co proxecto que estamos a levar a cabo este curso: investigar sobre mulleres relacionadas co mundo da alimentación. Aquí tedes o resultado!

martes, 26 de febreiro de 2019

RECEITA LECTORA

Na nosa biblioteca temos unha receita moi especial:

- 500 g de divErsión,
- 1 cullerada de iMaxinación,
- 2 vasos de curiOsidade,
- un chisco de atenCión,
- engade moita paIxón,
- mestura con ilusiÓn,
- e vive aveNturas con moita...

luns, 25 de febreiro de 2019

LEDICIA COSTAS

A nosa biblioteca recibiu a visita sorpresa da autora Ledicia Costas para o alumnado de 5º e para o Club de lectura de 6º de Primaria. Deunos moitos detalles relacionados cos seus libros, como por exemplo, a orixe do receitario de Esmeraldina, a pequena defunta. Tamén nos contou cales foron os libros que tardou máis e menos tempo escribir, así como unha historia persoal relacionada cunha bibliotecaria da súa infancia. Moitas gracias por todo Ledicia, quedamos encantados!


venres, 22 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Co gallo da conmemoración, o día 24 de febreiro, do aniversario de Rosalía de Castro, tivemos na biblioteca un expositor con algúns títulos relacionados coa autora. 


luns, 11 de febreiro de 2019

CHARLA NUTRICIONISTA


A nutricionista Amil López Viéitez visitou o colexio para concienciarnos da importancia de levar a cabo unha boa alimentación e practicar deporte. Todos os cursos de Educación Primaria asistimos a esta charla. 
Moitas grazas Amil polos teus consellos!


Se queredes saber máis podedes consultar o seguinte PDF:

xoves, 31 de xaneiro de 2019

30 XANEIRO | DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Con motivo da celebración do Día Escolar da non Violencia e da Paz temos na biblioteca do colexio unha exposición de libros relacionados coa temática