mércores, 29 de xaneiro de 2020

xoves, 23 de xaneiro de 2020

INVISIBLE

Dende o club de lectura o alumnado de sexto traballou coa obra Invisible de Eloy Moreno.
Moitas grazas por espertar as nosas mentes, abrir os nosos corazóns e facernos entender tantas cousas coas túas palabras. 

luns, 20 de xaneiro de 2020

CONTACONTOS ALMUDENA

A nosa compañeira Almudena Janeiro, mestra de Primaria no cole e autora de Máis contos en cantos, visitou as aulas de Infantil, 1º e 2º de Primaria cunha sesión de contos e música. Moitas grazas Almudena, volve pronto!

xoves, 16 de xaneiro de 2020

O RATIÑO PRESUMIDO

O alumnado de Educación Infantil desfrutou hoxe dun contacontos do máis coeducativo da man da compañía Trinke Trinke Teatro. Pasámolo xenial!

mércores, 15 de xaneiro de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA!

E queremos que saibades que Bufino voltou do Nadal cargado de novos contos que vos agardan na nosa biblioteca, así que...