xoves, 23 de xuño de 2022

ATA O CURSO QUE VEN!

BUFINO QUERE AGRADECERVOS A VOSA COLABORACIÓN COA BIBLIO E FACERVOS UN AGASALLO EN COMPENSACIÓN POR ISO E POR REALIZAR Os BUFIRETOS CON ÉXITO. TAMÉN BUFINO QUERE DAR UN AGRADEDECEMENTO ESPECIAL AOS VOLUNTARIOS DA BIBLIO DE 5º E 6º E DESEXARLLES A ESTES ÚLTIMOS UNHA MOI BOA NOVA ETAPA NO INSTITUTO. QUE PASEDES BO VERÁN E VÉMONOS EN SETEMBRO.

venres, 10 de xuño de 2022

Día Mundial dos Océanos

O pasado mércores 8 de Xuño celebrouse o día Mundial dos Océanos. Este ano como sabedes o lema do cole foi " Bótalle unha man ao mar" e para conmemoralo todos os cursos expuxeron o que fixeran para saber como lle botaron eles unha man ao mar. Este foi o resultado e poderédelo atopar na entrada do colexio. Espero que vos guste!