luns, 5 de decembro de 2022

DÍA DA DISCAPACIDADE

O pasado 3 de Decembro celebrouse o Día da Discapacidade. Dende a biblioteca fixemos unha selección dos libros nos cales se trata este tema. Algúns dos libros son " María cumple 20 años", " Todos somos diferentes", " Dan y Diesel", etc. E recordade que a discapacidade é capacidade extraodinaria de ser capaz!

xoves, 24 de novembro de 2022

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

ANDREA MACEIRAS VISITA O NOSO COLE PARA PRESENTAR AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE PRIMARIA O SEU LIBRO DO ITINERARIO LECTOR "CONTA NOVE ESTRELAS". A AUTORA FIXO UNHA PRESENTACIÓN DA SÚA OBRA E DEDICÓUNOS "ALMA DE ELEFANTE" QUE TAMÉN FIGURA NO CATÁLOGO DA NOSA BIBLIOTECA.

venres, 21 de outubro de 2022

BENVIDOS A BIBLIOTECA!!!

O luns 24 de Outubro celebramos o día Internacional das bibliotecas, e Bufino abre as súas portas. Estades todos convidados!

martes, 27 de setembro de 2022

LONGORETA Y LINGORETO

Bufino quere presentarvos un libro que temos na Biblio do García Barbón, "Lingoreta y Lingoreto. Respiración" . Este é un conto 📖 e unha canción 🎶 que se presenta nas escolas infantís para que os pequenos aprendan acerca da importancia da respiración nasal👃🏼 mediante unha actividade lúdica e didáctica. Tamén inclúe unha escala📝 de observación da respiración de nenos e nenas por parte da familia e do contexto do fogar, para que, se sospeitan duha posible respiración bucal, acudan o seu pediatra. 🧠 A misión é concienciar a comunidade educativa, familias e persoal no ámbito sanitario da importancia que ten unha correcta respiración nasal, conseguindo así reducir os casos de respiración bucal que no centro Lingoreta veñen detectando a edades xa avanzadas e con graves repercusións na calidade da vida dos menores (desenvolvemento incorrecto da mandíbula, deficitaria oxigenación cerebral, descanso non reparador, repercusións a nivel de aprendizaxe no entorno escolar). 🚀¿Que lugares increíbles visitarán Lingoreta y Lingoreto? 🙆🏻♀️🙆🏻♂️ B 🤳Recordade: se tedes algunha duda sobre a respiración dos vosos fillos/as podedes contactar por email ou Instagram co centro Lingoreta.

mércores, 14 de setembro de 2022

BENVIDOS DE NOVO A TODOS E A TODAS!!!

Bufino quere darvos a benvida! Esperamos que pasásedes bo verán e que veñades con moita forza! para iso recompilamos unha serie de libros que seguro que vos fai máis ameno o inicio de curso. Un saúdo do moucho, vémonos na Biblio!!!

venres, 1 de xullo de 2022

PODCAST LETRAS GALEGAS

Polas Letras Galegas o homenaxeado foi Florencio Delgado, e moito do alumnado do GARCIBÓN quixo facerlle un pequeno homenaxe con este podcast. Espero que vos guste!
https://www.ivoox.com/letras-galegas-audios-mp3_rf_87994495_1.html

xoves, 23 de xuño de 2022

ATA O CURSO QUE VEN!

BUFINO QUERE AGRADECERVOS A VOSA COLABORACIÓN COA BIBLIO E FACERVOS UN AGASALLO EN COMPENSACIÓN POR ISO E POR REALIZAR Os BUFIRETOS CON ÉXITO. TAMÉN BUFINO QUERE DAR UN AGRADEDECEMENTO ESPECIAL AOS VOLUNTARIOS DA BIBLIO DE 5º E 6º E DESEXARLLES A ESTES ÚLTIMOS UNHA MOI BOA NOVA ETAPA NO INSTITUTO. QUE PASEDES BO VERÁN E VÉMONOS EN SETEMBRO.

venres, 10 de xuño de 2022

Día Mundial dos Océanos

O pasado mércores 8 de Xuño celebrouse o día Mundial dos Océanos. Este ano como sabedes o lema do cole foi " Bótalle unha man ao mar" e para conmemoralo todos os cursos expuxeron o que fixeran para saber como lle botaron eles unha man ao mar. Este foi o resultado e poderédelo atopar na entrada do colexio. Espero que vos guste!

luns, 30 de maio de 2022

CONTACONTOS E TALLER DO LIBRO " PEÚGO, O CALCETÍN MELENUDO"

O outro día acompañounos Jessica Rodríguez Piñeiro para lernos o seu propio conto " Peúgo, o calcetín Melenudo" ó alumnado de 2º de primaria. Despois do contacontos fixeron un taller. Os rapaces e rapazas encantoulles!

domingo, 1 de maio de 2022

UN MAR DE LECTURAS

Para conmemorar o día do libro Bufino quixo que todo o alumnado e profesorado fixeramos fotos con moitísimos libros da biblioteca e ahora podemos velas cando vaíamos a ela. Quedaron xenial, eres quen de atoparte?

martes, 26 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

Non vos perdades a selección que fixemos dende a bibliotea para conmemorar o día do libro. Nesta exposición podedes atopar dende libros moi antigos como " El primer manuscrito" da editorial Dalmáu ata libros de arte relacionados coa edición dun libro.

venres, 4 de febreiro de 2022

COMENZAMOS OS BUFIRETOS



DENDE A BIBLIOTECA COMEZAMOS OS BUFIRETOS. ESTE MES TRATÁBASE DE DIFERENTES PUZZLES SOBRE O MONSTRUO DE CORES, GERÓNIMO STILTON E HARRY POTTER. FIXÉRONO XENIAL!!!