O martes,10 de decembro, o alumnado de 2º de primaria tivo a sorte de asistir a un contacontos da man de Paco Nogueiras na biblioteca do cole. Pasámolo xenial e quedámonos con gañas de máis. Paco agardamos que volvas pronto ao noso cole!
Contamos estes días cunha selección de libros de igualdade cedida polo CEFORE. Achegádevos a botarlle unha ollada e recordade que estes contos son só para consultar na biblio, non se poden prestar. Grazas.