martes, 26 de novembro de 2013

UN CLÁSICO

Onde viven os monstros.Texto e ilustracións de Maurice Sendak.
Escrito e ilustrado por Maurice Sendak en 1963.
Cando Max puxo o seu disfraz de lobo entráronlle ganas de facer trasnadas. A súa nai chamoulle "MONSTRO!!!"  e Max contestoulle" Voute comer". Castigado na habitación sen cea Max imaxina un mundo cheo de monstros onde el é o rei.
Neste conto trátase o mundo dos monstros con humor.
Condecorado coa medalla Caldercott en 1964. Gañou tamén o Boston Globe-Horn Award e foi un libro destacado da ALA ( Asociación de Bibliotecas Americanas). No ano 2009 estreouse a película baseada neste conto.
Portada do libro

Ningún comentario:

Publicar un comentario