
Irlanda é o país encargado de poñerlle palabra e imaxe a este cartel que percorre o mundo enteiro lembrando a necesidade de manter viva unha literatura de calidade destinada a nenos e mozos. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que recibiu entre outros premios o Premio Laureante na nög, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa así mesmo merecedora do Premio de Literatura Infantil de Irlanda, entre outros galardóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario