xoves, 20 de novembro de 2014

CENTENARIO DE "PLATERO Y YO"

 

No ano 1914 viu a luz a primeira edición de " Platero y yo " de Juan Ramón Jiménez, gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1956. Este ano conmemórase o primeiro centenario da publicación do libro.
A importancia e transcendencia de Platero podémola comprobar pola cantidade de edicións desta elexía, que só é superada pola Biblia e o Quixote. Platero y yo en pdf.

                                     

A Consellería de Educación Cultura e Deporte da Xunta de Andalucía quere sumarse á conmemoración do seu centenario mediante un portal educativo que recolle información sobre Juan Ramón Jiménez e Platero, e que pretende ser un lugar onde a comunidade educativa andaluza e nacional comparta todas aquelas actividades en torno a este burriño universal, que se converteu, co paso do tempo, en xoguete lector para os nenos e mestre de adultos.

                                         

Como é o libro de  "Platero y yo" video.

" Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro "Estas palabras publicadas hai un século en Platero y yo, de Juan Ramón Jiménez (Moguer, Huelva, 1881-San Juan, Puerto Rico, 1958), son historia da literatura universal.


                               

«Yo nunca he escrito ni escribiré nada para niños, porque creo que el niño puede leer los libros que lee el hombre, con determinadas excepciones que a todos se le ocurren». Juan Ramón Jiménez

Ningún comentario:

Publicar un comentario