xoves, 11 de decembro de 2014

FRANCISCO CASTRO

Vigo (1966). Escritor, profesor, bloguero, xestor cultural e editor, traballa na Editorial Galaxia como Coordinador de Novos Proxectos e responsable de Edición Infantil e Xuvenil. Dende moi novo interesouse polo desenvolvemento de proxectos culturais de todo tipo, tanto a nivel educativo coma de promoción da lectura.

Pincha e descubre o que nos responde Francisco a esta pregunta por que son creador?
O autor vigués leva moitos anos traballando no campo da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso de Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural dende a súa concorrida bitácora " A canción do náufrago"

                           

A súa carreira como escritor comezou en 1991 coa publicación de "Amor de cinema", ao que lle seguiron "Play-Back" (Premio Lueiro Rey de Novela Corta, 1997), o libro de relatos eróticos "Xeografías" (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), os relatos de "A canción do náufrago", ambos os dous de 2001, e a novela histórica "Memorial do infortunio" (2003), traducida no 2004 ao castelán.
En 2004 publicou "Xeración perdida", novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas (premio Cartafol de Vieiros ao mellor libro do ano e os libros para mozos), e "Un bosque cheo de faias", que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. 
Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con "Spam" que publica Galaxia. E como articulista, recibió el Manuel Reimóndez Portela polos seus traballos de animación á lectura. 
En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela "As palabras da néboa", publicado por Editorial Galaxia, do que o xurado destacou “un discurso narrativo orixinal cunha proposta novidosa de novela histórica”. No mesmo ano publica "O ceo dos afogados" que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.
En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de "Chamádeme Simbad"(2009, traducida ao catalán, castelán, e en 2013 ao brasileiro) que recibiu o premio como Mellor Libro Infantil na web Fervenzas Literarias outorgado, tamén, polos lectores, para rematar sendo seleccionado na Lista de Honra de IBBY para o catálogo de 2012, recibiu tamén o premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY.

No 2010 "O segredo de Marco Polo",  historia de aventuras ambientada na Venecia do século XIII e traducida ao catalán.
Neste ano foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes.
En 2011 publica unha nova novela para adultos que titula "In Vino Veritas" e en 2012 asina, con Fina Casalderrey o libro de relatos"O neno can" 

(seleccionado para entrar no Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais de Oslo e traducido ao castelán en 2013).
En 2012 recolle o Premio Mestre Mateo para a Editorial Galaxia na categoría Mellor Obra Interactiva por "Area hai seis", parte do proxecto "Dálle a volta".
En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra "O corazón da Branca de Neve" e, en 2014, publicou a novela xuvenil  "Tes ata as 10"

"Con Tes ata as 10, sobre todo, quixen construír unha novela de intriga, un texto que enganchase desde o principio e que obrigase ao lector ou lectora a seguir lendo un capítulo máis. Pero, sobre todo, a novela quere ser unha historia de amor e de amores, de segredos case gardados, de descubrimentos." Francisco Castro 

Dende o ano 2003 imparte Talleres Literarios para todos os públicos, profesores, empresarios... Publicou, en Alba Editorial, na colección Guías do Escritor, os libros,"Como encontrar o teu estilo literario" e "A mirada do escritor"



Temos a sorte de contar con el mañá venres 12 de decembro impartindo un obradoiro de poesía para os alumnos de 6º de primaria.


Ningún comentario:

Publicar un comentario