luns, 25 de maio de 2015

Bases do II Premio Literario Escolar

O Premio Literario Escolar da Biblioteca de Centro do García Barbón nace coa intención de promover a creación literaria no ámbito escolar, ao amparo da inestimable labor dos mestres/-as na procura do pracer da lectura e da escrita.
  1. Poderán concorrer ao II Premio Literario escolar da Biblioteca de Centro do García Barbón os alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do Centro.
  2. Tras do proceso de selección realizado polos mestres/-as titores/-as, poderán concursar un máximo de 4 traballos por aula.
  3. Os traballos deben estar en lingua galega e serán narrativos e rigurosamente orixinais e inéditos (non vale recompilación de contos populares, reelaboración de contos…).
  4. A extensión mínima será de media carilla e a máxima dunha carilla e media, e serán feitos na aula.
  5. Os traballos seleccionados para os premios deberán ser entregados pasados a ordenador (letra Times New Roman, 12, a dobre espazo).
  6. O tema será libre.
  7. Enviaranse copias do orixinal para cada un dos membros do xurado. En todas elas figurará o nome do traballo, un pseúdonimo e o curso ao que pertence o alumno/-a. Nun sobre pechado (plica), no que no exterior só aparecerá un pseudónimo, introducirase unha nota cos datos. As copias e a plica correspondente entregaranse á coordinadora da Biblioteca do Centro.
  8. O xurado cualificador estará composto por un pai ou unha nai (elixido entre as familias do alumnado de 5º e 6º de primaria), un membro do equipo da biblioteca, un membro do equipo de Dinamización Lingüística e o escritor Agustín Fernández Paz.
  9. O prazo de admisión será ata o 15 de maio. Quedarán excluídos aqueles que se entreguen fóra de data.
  10. Os primeiros premios desta segunda edición serán publicados no blogue da biblioteca.
  11. Os premios serán os seguintes:
a) 1º premio: dous libros en galego
     b) 2º premio: un libro en galego.

  1. O feito de presentarse ao Premio Literario da Biblioteca de Centro do García Barbón obriga aos concurrentes a respectar as presentes bases.
  2. Os traballos orixinais serán devoltos ao titor/-a para que os entregue aos alumnos/-as participantes. Non se admitirán reclamacións sobre os mesmos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario