xoves, 18 de decembro de 2014

martes, 16 de decembro de 2014

A nosa primeira gota

Preséntovos o próximo libro co que imos gozar da lectura todos os compoñentes deste club. Déixovos unha reseña e algo máis...
LA LECCIÓN DE AUGUST de R.J. Palacio
WONDER 
"Por cierto, me llamo August. No voy a describir cómo es mi cara. No sé como os la estaréis imaginando, pero seguro que es mucho peor."
 August Pullman ten dez anos e nunca ata agora foi á escola. Naceu cunha deformidade facial severa e pasou por moitas operacións; practicamente non sae de casa e a súa nai foi a responsable da súa educación. El é un rapaz normal e corrente, por iso os seus pais deciden que chegou o momento de que vaia á escola. August sabe ben que non todo o mundo é capaz de ver máis alá da súa cara e, neste primeiro ano de escola, tocaralle convencer aos seus compañeiros de clase que non teñen por que tratalo coma se fose especial. En ocasións, deberá mesmo convencerse a si mesmo....

Mediante un sentido do humor ateigado de autenticidade e a través dos ollos (e as voces) dos distintos protagonistas, RJ. Palacio explora a natureza da amizade, a tenacidade, o medo e a percepción dun mesmo e dos outros.
                          
Ten unha narración amena e divertida, con algúns momentos que fan que se che poña a pel de galiña e mesmo que che escape algunha bágoa. Pero sobre todo sen perder o sentido do humor nunha historia que parece do máis típica, e iso é o que a fai tan especial.

R. JPalacio é unha deseñadora americana que traballou durante anos no campo da ilustración para libros. Mentres se dedicaba a deseñar preciosas cubertas para centos de autores, soñaba con escribir algún día unha novela. Non obstante, parecíalle que nunca chegaba o momento ata que se decatou de que o único que tiña que facer era empezar a escribir. "La  lección de August" é a súa primeira novela e, despois dos eloxios unánimes que espertou en todo o mundo, seguro que non será a última.
Que te levou a escribir Wonder?
Hai uns anos, mentres o meu fillo maior compraba uns xeados, sentámonos o meu fillo menor e eu, que naquela época tiña tres anos, nunha banca fóra do local de venda. Ao lado noso sentábase unha nena coa súa mamá. A nena tiña un severo problema na súa cara. Cando o meu fillo a viu púxose a chorar. Para evitar incomodalas tratei de levar o meu fillo lonxe provocando que chocásemos co meu fillo maior, derramase os xeados, e todo se convertese nunha especie de escándalo, que era o que trataba de evitar. A mamá ergueuse e levouse á súa nena.
Na noite mentres pensaba nese feito decateime que puiden aproveitar a ocasión para ensinarlle ao meu fillo unha lección. Podería ter conversado coa mamá da nena e deixar chorar ao meu fillo, os rapaces sempre choran. Teríao ensinado a tomar as cousas con naturalidade. Non solucionar todo co non mirar, que talvez non sexa o correcto.


Á vez esa noite escoitei a canción de Natalie MerchantWonder, e a letra chegoume. 
Comecei a escribir Wonder aquela noite.
«Todos deberíamos recibir una ovación al menos una vez en nuestra vida, porque todos vencemos al mundo.» Auggie

xoves, 11 de decembro de 2014

FRANCISCO CASTRO

Vigo (1966). Escritor, profesor, bloguero, xestor cultural e editor, traballa na Editorial Galaxia como Coordinador de Novos Proxectos e responsable de Edición Infantil e Xuvenil. Dende moi novo interesouse polo desenvolvemento de proxectos culturais de todo tipo, tanto a nivel educativo coma de promoción da lectura.

Pincha e descubre o que nos responde Francisco a esta pregunta por que son creador?
O autor vigués leva moitos anos traballando no campo da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso de Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural dende a súa concorrida bitácora " A canción do náufrago"

                           

A súa carreira como escritor comezou en 1991 coa publicación de "Amor de cinema", ao que lle seguiron "Play-Back" (Premio Lueiro Rey de Novela Corta, 1997), o libro de relatos eróticos "Xeografías" (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), os relatos de "A canción do náufrago", ambos os dous de 2001, e a novela histórica "Memorial do infortunio" (2003), traducida no 2004 ao castelán.
En 2004 publicou "Xeración perdida", novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas (premio Cartafol de Vieiros ao mellor libro do ano e os libros para mozos), e "Un bosque cheo de faias", que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. 
Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con "Spam" que publica Galaxia. E como articulista, recibió el Manuel Reimóndez Portela polos seus traballos de animación á lectura. 
En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela "As palabras da néboa", publicado por Editorial Galaxia, do que o xurado destacou “un discurso narrativo orixinal cunha proposta novidosa de novela histórica”. No mesmo ano publica "O ceo dos afogados" que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.
En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de "Chamádeme Simbad"(2009, traducida ao catalán, castelán, e en 2013 ao brasileiro) que recibiu o premio como Mellor Libro Infantil na web Fervenzas Literarias outorgado, tamén, polos lectores, para rematar sendo seleccionado na Lista de Honra de IBBY para o catálogo de 2012, recibiu tamén o premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY.

No 2010 "O segredo de Marco Polo",  historia de aventuras ambientada na Venecia do século XIII e traducida ao catalán.
Neste ano foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes.
En 2011 publica unha nova novela para adultos que titula "In Vino Veritas" e en 2012 asina, con Fina Casalderrey o libro de relatos"O neno can" 

(seleccionado para entrar no Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais de Oslo e traducido ao castelán en 2013).
En 2012 recolle o Premio Mestre Mateo para a Editorial Galaxia na categoría Mellor Obra Interactiva por "Area hai seis", parte do proxecto "Dálle a volta".
En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra "O corazón da Branca de Neve" e, en 2014, publicou a novela xuvenil  "Tes ata as 10"

"Con Tes ata as 10, sobre todo, quixen construír unha novela de intriga, un texto que enganchase desde o principio e que obrigase ao lector ou lectora a seguir lendo un capítulo máis. Pero, sobre todo, a novela quere ser unha historia de amor e de amores, de segredos case gardados, de descubrimentos." Francisco Castro 

Dende o ano 2003 imparte Talleres Literarios para todos os públicos, profesores, empresarios... Publicou, en Alba Editorial, na colección Guías do Escritor, os libros,"Como encontrar o teu estilo literario" e "A mirada do escritor"



Temos a sorte de contar con el mañá venres 12 de decembro impartindo un obradoiro de poesía para os alumnos de 6º de primaria.


martes, 2 de decembro de 2014

NACEMENTO DO CLUB DE LECTURA

Gústache ler ? 
Queres participar nun espazo distendido e agradábel onde se dialoga en torno a un libro?

O club de lectura está dirixido a todas aquelas persoas que desexen compartir o pracer da lectura e a conversa.
Reunímonos unha vez á semana para comentar o libro que estamos a ler. Onde compartimos a nosa opinión e as nosas dúbidas, ademais das experiencias persoais de cada cal.
O facemos  na biblioteca do centro onde estamos rodeados dos libros e nun ambiente apropiado. A nosa coordinadora é Mariló que foi a encargada de organizar o club, escoller o título do libro que imos a ler, programar as actividades, debates, actuar como moderadora nas reunións...
Anímate a participar !!!

CULTURGAL

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, é a gran casa da cultura galega. Un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta. Un punto de encontro no que o sector da cultura mostra a súa forza de conxunto e no que se produce un rico diálogo e intercambio de ideas. Unha oportunidade para mostrar novos proxectos e iniciativas.
Pero ademais Culturgal é unha ferramenta para promover, apoiar e reforzar a acción cultural que se desenvolve en Galicia.

É un evento cultural para o desfrute de toda a familia que trata de potenciar a cultura galega na comunidade. Celebrarase no Pazo da Cultura da cidade do Lérez os próximos días 5, 6 e 7 de decembro. Todos os asistentes poderán gozar dunha morea de actividades lúdico-culturais, o espazo albergará tamén unha feira onde as empresas participantes expoñerán os seus produtos á venda e na tenda Culturgal poderanse adquirir cun 10% de desconto. Entre outros o público encontrarase con temas como a literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo, maxia, novas tecnoloxías, etc.
A entrada será de balde, aínda que o público poderá pagar unha entrada voluntaria para colaborar.
Podes consultalo programa aquí.

visita a súa páxina premendo na foto