luns, 23 de novembro de 2020

GARCIBÓN | A VIAXE POLAS SOCIAIS I

Ola a todos e todas:

Por aquí vos deixamos o primeiro programa de radio deste curso da man do alumnado de 3º B de Primaria. Esperamos que vos guste! 

Preme na imaxe para escoitar o programa.

domingo, 15 de novembro de 2020

20 NOVEMBRO | DÍA DA INFANCIA

“Algúns nenos NON queren un iPhone, unha Xbox ou unha Play Station, o único que queren é un LIBRO e un BOLÍGRAFO”.  

Malala Yousafzai


O Día da Infancia conmemórase todos os anos o 20 de novembro, adicado a todos os nenos e nenas do mundo. É un día para celebrar os avances conseguidos, pero tamén para lembrar aos nenos e nenas que se atopan nunha situación desfavorecida; dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas sobre a importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.


O obxectivo principal do Día da Infancia é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son un dos colectivos máis vulnerables, e polo tanto, que máis situacións de crise sufren nos distintos problemas do mundo.


Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación, á identidade, á protección, a xogar, á súa liberdade de expresión, á alimentación e á vivienda, con independencia do lugar do mundo no que naceran.


Por iso, no noso colexio conmemoramos este día, para lembrar e recoñecer os dereitos dos nenos e nenas, que adquiren unha especial relevancia nestes momentos de crise mundial.

            
            

xoves, 5 de novembro de 2020

DÍA DAS LIBRARÍAS

Dende a Biblioteca do Barbón queremos animarvos a festexar, o 13 de novembro, o Día das Librarías.

venres, 23 de outubro de 2020

REAPERTURA DA BIBLIO

Preparádevos porque o vindeiro luns abre a biblio con moitos libros que vos van deixar... XEAD@S!

NORMAS BIBLIOTECA

Ola familias!

Como xa saberedes, a vindeira semana volvemos á biblio, en horario de mañá. Bufino está moi contento de poder recibirnos de novo a todos/as, despois de tantos meses. É por iso, que vos quere deixar por aquí as normas da biblio para este curso, para que teñades claro o que debemos facer nesta nova situación. Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.

luns, 21 de setembro de 2020

GARCIBÓN | ENTREVISTAS DÍA DA NAI

O curso pasado o alumnado de 4º B realizou as seguintes entrevistas polo día da nai. Premede na imaxe para poder escoitalas. 

martes, 30 de xuño de 2020

GARCIBÓN | ENTREVISTA A LUÍS SAMPEDRO

O alumnado de 4º A de Educación Primaria a través do programa Ecoplanet da Radio Garcibón entrevistou a Luís Sampedro científico do CSIC. Non vola perdades!

Listen to "Ecoplanet 5- Radio Garcibón. Entrevista ao biólogo Luís Sampedro" on Spreaker.

venres, 19 de xuño de 2020

xoves, 18 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN

Bufino non quere que este verán deixedes de ler, así que vos trae unha serie de recomendacións adaptadas a todos os cursos. Botádelle unha ollada e... que teñades unhas boas vacacións! Vémonos o curso que ven! 😊

mércores, 10 de xuño de 2020

RETO 1 BUFINO: SLOGANS MEDIOAMBIENTAIS

Foron moitos os nenos e nenas que se animaron a participar nos retos de Bufino enviando os seus debuxos polo medio ambiente. Están xenial, moitos parabéns e... RETO SUPERADO!

martes, 2 de xuño de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Este venres, 5 de xuño, celébrase o día mundial do medio ambiente, proxecto que estivemos a traballar no cole. Dende a biblioteca, queremos pechar este curso tan diferente e atípico, celebrando con todos vós esta data. Para iso, Bufino, tráenos unha serie de recursos e retos moi sinxelos, estades preparados e preparadas?

1. ¿Qué le pasa al planeta?: un conto que trata a situación ambiental dende unha perspectiva divertida e comprensible para os máis pequenos/as.

QUE LE PASA AL PLANETA (COMPLETO) - YouTube

2. Os tres R: o noso planeta explícanos dun xeito moi doado a importancia dos tres R. Sabes cales son? Bota un vistazo ao vídeo e descúbreos!!



RETO 1: Slogans medioambientais

Ponte a pensar e deixa voar a túa imaxinación, nun folio A4 debes facer un debuxo acompañado dun lema ou título co que poñas en valor a importancia de coidar o medio ambiente. Recorda que podes mandarnos o teu traballo a través do enderezo: barbonbiblio@gmail.com.

RETO 2: A mover o esqueleto!

Bufino trae unha serie de cancións relacionadas co medio ambiente. Anímate a escoitalas e a mover o esqueleto con elas!

Reducir, reutilizar y reciclar.

Ecoloxista

Unha mensaxe da terra

Pequeño planeta

RETO 3: Kahoot do medio ambiente

Canto sabes sobre o medio ambiente e o seu coidado? Bufino elaborou diferentes preguntas, moi sinxelas, relacionadas co medio ambiente. Serás quen de acertar todas elas?

Cuidar el ambiente es cuidar la vida humana | Noticies La Marina Plaça

martes, 19 de maio de 2020

RETO BUFINO CONSEGUIDO!

Pedro Jove García de 2º A de Educación Primaria converteuse en todo un buscador de libros en galego! Descubriu que ademais dos contos que ten no seu cuarto, na biblioteca do salón hai varias baldas de libros en galego, pero nunca reparara neles porque aínda non lle chegaba. 
Coa axuda da súa nai, subiu a unha cadeira e a que non sabedes que atopou entre eses libros? Dúas obras do autor homenaxeado Ricardo Carvalho Calero. Pedro, es todo un buscador de libros, parabéns!

DEBUXOS LETRAS GALEGAS

Os nenos/as de 2º B de Educación Primaria quixeron compartir con nós uns debuxos que fixeron con motivo da celebración das Letras Galegas. Moitas grazas a tod@s, quedáronvos moi pero que moi ben!
 



luns, 18 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Hoxe, 18 de maio, celébrase o día internacional dos museos e os nenos/as de 4º B de Educación Primaria quixeron compartir con todos nós un pequeno vídeo de pinturas que fixeron inspirándose en cadros de pintores famosos pero facendo a súa propia interpretación con animais.
Moitas grazas nenos e nenas, sodes uns artistas!!!
Día Internacional de los Museos - ICOM - ICOM

luns, 11 de maio de 2020

GALEGO A DIARIO NESTE MES DE MAIO

O vindeiro 17 de maio celebramos o días das letras galegas. Este ano homenaxeamos a figura de Ricardo Carvalho Calero, un home cunha gran traxectoria e unha dedicación intensa e disciplinada marcada sempre pola súa vocación polas letras.

Dada a situación na que nos atopamos, esta homenaxe ao autor quedou aprazada ao 31 de outubro. Non obstante, dende a biblio, Bufino quere achergarnos a figura de Ricardo a través de diferentes propostas e propoñernos varios retos para estes días.

Botádelle un ollo e animádevos a participar con algunha das propostas. Como sempre, recordade que podedes enviarnos cunha fotografía o voso traballo ao correo da biblio: barbonbiblio@gmail.com

RETO #1 | Un mar de palabras  

Ricardo viviu moitos anos en dúas cidades que non teñen costa, Santiago de Compostela e Lugo, pero o mar do seu Ferrol natal sempre estivo moi presente na súa vida e obra.

Bufino propón que fagas un debuxo sobre unha paisaxe onde apareza o mar que tanto lle gustaba ao autor, e enchas ese mar con diferentes palabras en galego.

RETO #2 | Buscadores de libros

Investigar a vida e obra de centos de homes e mulleres que escribiron en galego foi para Ricardo Carvalho un gran proxecto que tivo como resultado un volume publicado en 1963.

Bufino propón que te convertas en buscador/a de libros en galego que teñas na casa e lles fagas a todos eles unha foto para compartir con todos/as nós.

RETO #3 | Paixón polos animais

"As pitas baixo a chuvia" é un relato do autor, que conta como espertou nel o seu interese polos animais. Tanto amor sentía de neno por aquelas aves que un día que comezou a chover saíu veloz a socorrelas. A historia remata co seu pai e a súa avoa, que acudiron a abrigalo, mollados coma pitos!

Bufino pensa que de seguro que ti tamén tes algún animal polo que sentes unha querenza especial. Describe nun pequeno texto, en galego, de quen se trata, como se chama, onde vive, cal é a súa comida preferida... e acompaña esa descrición dunha imaxe ou debuxo.

RETO #4 | Expresións galegas 

Marcho que teño que marchar, vaiche boa, nin arre nin xo, outra vaca no millo, éche o que hai... Que outras expresións galegas coñeces ti? Grava un vídeo dicindo algunha delas e envíanolo ao correo barbonbiblio@gmail.com para compartir con todos nós.


PARA SABER MÁIS DE RICARDO CARVALHO CALERO...

Na seguinte ligazón podedes ver diferentes actividades interactivas relacionadas coa vida e obra do autor Ricardo Carvalho Calero.

XOGOS DE ESCAPE ROOM

Presentámosvos tamén uns pequenos xogos de escape room elaborados por Alba Carril (CPI de Vedra) e Ana Sánchez (CEIP Arquitecto Casas Novoa) nos que dunha forma moi divertida iredes descubrindo moitas cousas sobre o autor homenaxeado.

Serás quen de conseguir os díxitos que precisas para resolver o misterio? Preme na imaxe e moito ánimo!!



Grazas por compartir con nós este traballo!

luns, 4 de maio de 2020

MÁIS IMAXES DOS RETOS DE BUFINO

Seguimos recibindo as vosas imaxes... botade un vistazo, menudos artistas! Moitas grazas Miranda, Bosco, Tuan e Bruno por animarvos a participar!

luns, 27 de abril de 2020

RETO SUPERADO!

Bufino segue a recibir imaxes dalgúns dos retos que propuxo! Grazas Lena, Clara e Julia por participar! Un biquiño de parte de Bufino.


HISTORIAS DE TÍTULO

Alumnos/as de 4º A de Primaria quixeron compartir con nós unha actividade moi orixinal. Monstráronnos cales eran algúns dos seus libros favoritos a través dunha pequena historia a partir dos seus títulos. Moitas grazas nenos/as por este traballo e non perdades nunca ese gusto pola lectura.
Preme na imaxe para acceder aos vídeos.

venres, 24 de abril de 2020

MÁIS CONTOS PARA ESTES DÍAS

Queremos pechar esta semana do libro cunha serie de ligazóns. Botádelle unha ollada que seguro que atopades cousas moi interesantes!

Por unha banda, o blog Aprendiendo juntos, da mestra Mª Carmen Sáez Moreno, no que podedes atopar unha selección de contos moi interesantes cos que pasar un bo tempo en familia.


Por outra banda, o blog do autor Antonio García Teijeiro, onde poderedes mergurllarvos de cheo na súa poesía a través de diferentes vídeos da man do propio autor. Moitas grazas Antonio por achergarnos, unha vez máis, aos teus versos.


E, por último, para os amantes da banda deseñada, deixamos un blog no que atoparedes diferentes títulos que poden ser do voso interés.

Amazon.com: Blank Comic Book For Kids : Create Your Own Comics ...

Recordade sempre que ler é soñar cos ollos abertos.
FELIZ SEMANA DO LIBRO!

IL PICCOLO CONIGLIO BIANCO

Martín, un alumno de 4º B de Primaria, quixo compartir con nós a lectura deste conto coñecido por todos/as, pero nesta ocasión en italiano. Moitas grazas Martín!

Para escoitar o conto, preme na imaxe.

mércores, 22 de abril de 2020

CONTACONTOS PROFE ALMUDENA

Que mellor forma de celebrar a semana do libro que cun contacontos para os máis pequenos/as por parte da nosa compañeira Almudena Janeiro. Mariluz Avestruz contado con moitas sorpresas, ídesvolo perder? Moitas grazas compañeira por prestarte a facer estas cousas!

Preme na imaxe para desfrutar do conto.

martes, 21 de abril de 2020

DE RETO EN RETO

Adai un alumno de 4º EP A quixo compartir con nós un dos seus libros favoritos, respondendo ao reto de Bufino... pero fíxoo dun xeito moi especial, codificou o seu título! Seguide as súas instrucións para dar co libro. Non dubidedes en escribirlle a Adai as vosas respostas.


CURTAMETRAXE PARA O FOMENTO DA LECTURA

Pode un libro transformar as nosas vidas? Animámosvos a ver esta pequena curtametraxe na que descubriredes como moitas veces un libro é capaz de axudarnos a redescubrir o mundo, potenciar as nosas calidades e, incluso, nos indican o camiño a seguir.

luns, 20 de abril de 2020

RETOS SEMANA DO LIBRO

Bufino volve traer consigo unha serie de novos retos para realizar nesta semana do libro. Estades preparados/as? Animádevos a participar nalgunha ou en todas as actividades propostas.

Reto #1 | E ti, que les? Enviádenos ao enderezo electrónico unha foto ou un debuxo do libro que esteades a ler nestes días de confinamento... ou do voso libro favorito!

Reto #2 | Elaboración de marcapáxinas. Deixade voar a vosa imaxinación e co material que teñades na casa, elaborade uns marcapáxinas para empregar nos vosos libros.

Reto # 3 | Pequenos/as artistas. Aquiles o puntiño, un conto con texto de Guia Risari e ilustracións de Marc Taeger, ideal para aprender as partes do corpo e os sentidos. Neste vídeo, Olalla González relata a historia mentres o seu ilustrador acompaña a narración con debuxos moi coloridos. Serás ti quen de facer o mesmo? Escoita a historia e ao mesmo tempo vai debuxando...


Non esquezades enviar as vosas fotos, tanto do marcapáxinas como da vosa obra de arte, ao noso enderezo electrónico: barbonbiblio@gmail.com