venres, 1 de decembro de 2017

Novidades!!!

Segue todas as novas adquisicións da biblioteca nas estanterías de novidades e a través do blog.






O máis destacado deste primeiro trimestre é a ampliación da nosa colección de películas e cómics.

Iso sen esquecernos do expositor das próximas festas.




Estamos de volta!!

UN ANO MÁIS A BIBLIOTECA DO GARCÍA BARBÓN ESTÁ DE VOLTA!


Un curso máis compartiremos desde este blog o traballo levado a cabo polo Equipo da biblioteca, os mestres/as e os alumnos e alumnas: anécdotas, contos, imaxes, curiosidades e moito máis.
 

Este curso o noso proxecto titúlase “VIVO EN VIGO”, e a través del pretendemos traballar diferentes aspectos da nosa cidade.


Esperamos as vosas visitas
Unha aperta grande do Equipo da Biblioteca

xoves, 1 de xuño de 2017

Contos premiados

Como en anos anteriores, o noso centro, convocou o "IV CONCURSO LITERARIO ESCOLAR" para os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
 
Os contos premiados corresponden aos seguintes alumn@s:   
                 
     Para que disfrutedes, como fixemos nós, deixámosvos coa lectura dos contos premiados:


TÍTULO: CHASKI
AINARA CLEMENTE GARCÍA
CURSO: 4ºA
Érase unha vez un can chamado Chaski. A Chaski cando só tiña dous meses abandonárono, tirándoo pola fiestra dun coche en marcha. Dende entón vivía só ao lado dun quiosco.
O dono do quiosco, Roberto é o seu amigo,  púxolle ese nome porque lle encantaban os chaskis. Para axudar a Chaski, Roberto decidiu poñer un cartel que dicía:
“Son un hasky siberiano de tres meses. Busco alguén que me adopte. Adóptasme ti ? “
A diario Chaski entraba no restaurante que estaba enfronte do quiosco e roubaba churrasco do colector de lixo e o espallaba todo polo chan. Normalmente ia cos seus amigos Flye e Jump, Flye era unha louriña e Jump era un mono. Eles tamén colaboraban na desfeita, Jump tiraba mondas de plátano e Fley sobrevoaba espallando distintas bebidas.
Nunha ocasión Olga, a cociñeira, esvarou  nunha monda de plátano e Rocky o can do restaurante que dou bañado en viño.
Sempre acaba igual Olga e Rocky perseguíndoos e eles escapando e escondíanse dentro do quiosco, alí se quedan ata que viña un cliente, e Roberto tíñaos que votar. Flye e Jump volvían  con Miranda, a súa dona, e Chaski  regresaba ao lado do quiosco cando se ían os clientes.
Unha maña Roberto atopábase moi pálido, Chaski mirábao preocupado,  pero Roberto dicíalle:
-Estou ben, só un pouco mareado non te preocupes
A mediodía, Roberto caeu ao chan desmaiado, Chaski empezou a ladrar coa intención de chamar  a atención de Miranda que pasaba por alí.
Miranda achegouse ao ver que  Chaski insistía tanto. Cando mirou a Roberto desmaiado chamou á ambulancia.
Levaron a Roberto ao hospital e Miranda, Chaski e os seus amigos Flye e Jump esperaron na sala de espera. Pasadas dúas horas un medico saíu a informar:
-Familiares de Roberto
Miranda levantou a mau e achegouse, o medico empezou a falar.
-Só ten un baixo de azucre, recuperarase grazas a que foi atendido moi pronto.
Miranda mirou Chaski, e díxolle:
-Chaski grazas a ti, Roberto poñerase ben.
Cando espertou Roberto e coñeceu toda a historia adoptou a Chaski, sen pensalo máis. Debíalle a vida, e prometeu darlle Chaskis sempre.
 


TÍTULO: FELICES PARA SIEMPRE
NAIA CASTRO SANTAMARÍA
CURSO: 3º A
Era unha vez un can que se chamaba Linkis. Era bo, amable e obediente coa súa dona, Mara. Pero ela era mala, arrogante, horrible e desobediente.
Un día, Limkis, estaba tan farto de Mara que foi coller as súas cousas e marchou a buscar “o seu feliz para sempre”. Logo de moito camiñar atopou un arrecendo que viña dunha casiña grande, na que tentou coarse. Dentro había trillóns de nenas e nenos ceando. Entrou e logo encontrou un cuarto con moitas camas.
Despois dun pouco, agardou a que alguén saíse da gran cociña e..si! Saíu unha nena duns oito ou nove anos cun xersei verde bordado co M de Macarena.
Macarena viu a Linkis e Linkis a Macarena.
A rapaza preguntou:
-          E ti de onde saíches?
Linkis contestou:
-          Eu quero atopar “o meu feliz para sempre”.
-          Eu tamén! E sobre todo quero saír deste internado – dixo Macarena.
-          Internado?, que é iso?
-          É un sitio onde estamos os nenos e nenas que non temos pais nin nais.
-          Por que sen pais nin nais?
-          Porque non nos poden coidar – dixo a nena.
-          Ah!, claro! E ti queres vir comigo?
-          Si!!!! – exclamou Macarena.
Logo foron de camiñando ata Santiago.
-          De Vigo a Santiago! – dixo ela – vaia viaxe!
-          E a pé – engadiu el.
Mentres, Mara e os  monitores do Internado non tardaron en decatarse de que faltaba alguén e apareceron dous policías.
-          Mans arriba! – berraron os dous polis.
-          Ah! – exclamou ela.
-          Guau, guau! – dixo el.
Nena e can botáronse a correr e aínda que pareza incrible, chegaron á China e alí coñeceron a un turista galego chamado Francis que tamén buscaba “o seu feliz” para sempre.
Os tres foron a onde lles dixo un señor, e volveron a Galicia a un sitio onde había un home e unha muller, que Macarena coñecía, facendo a compra.
-          Eran seus pais!!!
E Linkis viu á nena, e a nena a Linkis, e os dous pensaban o mesmo.
-          Podemos quedar con el?
Os pais asentiron coa cabeza.
E Macarena, Linkis, os pais de Macarena, e ata Mara, atoparon “o seu feliz” para sempre.
E colorín, colorado, este conto está rematado
e quen no levante o cu
quédalle pegado.


TÍTULO: A NENA DOS OLLOS DIFERENTES
SABELA PRIETO GARCÍA
CURSO: 6ºB 

O día 2 de xullo do ano 1645, a media mañá, naceu a filla maior da familia do famoso almirante Don Emilio de Guzmán. Era una nena de cabelos da cor do mel máis doce. Esta nena tiña una particularidade: que posuía uns ollos de cor violeta, coma os campos de lavanda da Provenza. Ao principio, os seus pais pensaban que a nena nacera cunha rara e grave enfermidade nos ollos. Levárona a todo tipo de médicos e curandeiros, e sempre recibían a mesma resposta: ”Esta nena está forte e sa , non ten ningunha enfermidade nos ollos”. Os seus país non estaban seguros do que lle pasaba á cativa ,pero co paso do tempo acabaron entendendo que a súa meniña tina un excelente estado de saúde. A nena, de nome Victoria, medrou na preciosa cidade de Granada. Con oito anos apareceulle outra peculiaridade naqueles ollos tan bonitos que tiña: cada vez que o sol se reflectía nos seus ollos, cambiaban de cor a maxenta escuro. As súas irmás dicíanlle a Victoria que posuía uns fermosos ollos, e que non padecía  ningunha enfermidade. As súas irmás tiñan os ollos verde esperanza, coma a súa nai. Chamábanse Eva e Sofía. Nunca pensaron que a súa irmá padecera algunha enfermidade rara ou grave. Sempre dicían que o que tiña nos ollos non era unha enfermidade, era simplemente beleza. Os seus pais asustáronse, e un médico díxolles que non pasaba nada. Don Emilio e a súa esposa, Dona Leonor, quedaron máis tranquilos. A súa seguía en Granada. Algunha vez ían de viaxe no verán a Sevilla. Un día que estaban de visita, recibiron unha carta que os convidaba a unha cea no Real Alcázar de Sevilla. Era o día dos océanos, así que o Señor de Guzmán foi convidade xunto cos seus compañeiros a unha cea co rei. Eva, Sofía, Victoria e Dona Leonor estaban moi alegres, xa que non todos os días o rei convídate a unha cea no seu Alcázar. Don Emilio ía vestido cun traxe de gala e as mulleres levaban fermosos vestidos con encaixes de fío de ouro. Cada unha levaba unha cor distinta: Eva, rosa pastel con decoracións amárelas, Sofía, amárelo con decoracións rosa pastel (elas dúas eran xemelas e tiñan gustos case iguais), Victoria, azul mar con decoracións verde pastel e, por último, Dona Leonor, vermello con decoracións negras. Chegaron ao Alcázar nun coche conducido  por dous fermosos corceis de cor branca con manchiñas negras. Cando xa estaban dentro do palacete, dispuxéronse a comer. Victoria sentouse á caron  do fillo dun almirante amigo do seu pai. A velada transcurriu con total tranquilidade . Ao rematar a cea, os convidados decidiron ir a camiñar polos fermosos xardíns. Victoria e Nicolás (o fillo do almirante), foron a dar tamén unha volta. Mentres camiñaban, escoitaron unha voces. Abraiados, seguíronas, para ver a súa procedencia. Ó final do camiño, observaron unha muller que estaba a falar para Victoria. A muller dicíalle:
Victoria, imaxino que algunha vez preguntaríaste por qué os teus ollos son violetas. Ben, pois teñen esa cor porque ti pertences á realeza. O teu pai ten un escuro pasado. Cando nacera, tivera un gran “problema” de saúde. O pobo quería ver ó seu futuro rei, e o príncipe estaba “curándose” cun médico. O teu pai tiña os ollos morados, coma ti. Os reis pensaban que estaba enfermo, e buscaron outro bebé. O seu maiordomo foi vestido de maneira que non o recoñecesen e foi na procura doutro bebé para adoptar. Ao final, deixaron ó teu pai en adopción e os teus avós acollérono. Eu podo axudarte a recuperara o que che corresponde. Son a túa avoa biolóxica, e non debemos deixar pasar esta oportunidade. Ah!, e o teu pai teu os ollos azuis porque o médico conseguiu cambiarlle a cor dos ollos, pero xa era demasiado tarde.
Victoria tivo que analizar a información. Ela, Victoria de Guzmán, era unha princesa. Non o pensou dúas veces. Díxolle a todo o mundo a verdade sobre a familia real. O seu pai reclamou o trono e o seu  avó biolóxico foi metido en prisión por mentir ao seu reino, xa que el foi o cabecilla do plan. A familia de Guzmán  recuperou o que era seu e toda a familia foi moi feliz.  



TÍTULO: MISTERIO NA ESCOLA DE MÚSICA DE VIGO
ANTÓN POMBAR
CURSO: 5ºB

O día 2 de xullo do ano 1645, a media mañá, na Escola de Música de Vigo o meu mestre de zanfona, Anxo Pintos, publicou no xornal que o espírito do zanfonista máis famoso da historia, Faustino Santalices, andaba merodeando pola escola, tocando as súas cancións mais famosas.
Cando o lin chamei ao meu profesor e pregunteille que tal estaba:
-          Encóntrome mal, sinto dicirche que mañá non haberá clases.
E colgou; así de breve foi a nosa conversa.
Quedeime con gañas de saber o que pasara; entón decidín investigar.
Pedinlle ao meu pai unha lupa e uns prismáticos.
Á semana seguinte, ao rematar a miña clase, escondinme no baño e cando todos marcharon saín fora. Empecei a escoitar a música. Recorrín o primeiro piso e nada. Cando me ía a ir escoitei que a música viña do segundo piso, subín a investigar. A música viña do despacho do director da escola.
Achegueime lentamente. Cando estaba preparado para abrir a porta escoitei uns pasos que viñan cara mín.
Era a señora da limpeza que viña escoitando música de Faustino Santalices!
Ao día seguinte mandeille unha mensaxe ao meu profesor dicindo:
-          Caso resolto! Era  a señora da limpeza que escoitaba música de Santalices pola radio.
E, desta forma tan sinxela, quedou resolto o caso da misteriosa música na Escola de Música Tradicional de Vigo, ou iso era o que eu pensaba...
Riiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiing...!!!!!
-          Uf...!! menos mal!, só era un soño. Contareillo ao meu profesor de zanfona, vaille a facer moita graza.
Mr. Zanfoño