O Equipo de Biblioteca do CEIP García Barbón deséxavos unhas felices festas! Vémonos á volta con moitas novidades!
martes, 24 de decembro de 2019
venres, 20 de decembro de 2019
venres, 13 de decembro de 2019
VISITA DE PACO NOGUEIRAS
O martes, 10 de decembro, o alumnado de 2º de primaria tivo a sorte de asistir a un contacontos da man de Paco Nogueiras na biblioteca do cole. Pasámolo xenial e quedámonos con gañas de máis. Paco agardamos que volvas pronto ao noso cole!
luns, 9 de decembro de 2019
MALETA DE IGUALDADE
Contamos estes días cunha selección de libros de igualdade cedida polo CEFORE. Achegádevos a botarlle unha ollada e recordade que estes contos son só para consultar na biblio, non se poden prestar. Grazas.
venres, 29 de novembro de 2019
venres, 22 de novembro de 2019
xoves, 24 de outubro de 2019
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Hoxe, 24 de outubro, celebramos o día internacional das bibliotecas escolares. Lembrade que coma sempre vos decimos: Se queredes unha avenura, lanzádevos a lectura!
Ocórresevos mellor forma de festexalo que poñendo as nosas mochilas viaxeiras en marcha?
mércores, 23 de outubro de 2019
martes, 22 de outubro de 2019
CONTOS CON PEGADA 2019
O pasado luns, 22 de outubro, o alumnado de 5º Infantil recibiu a visita do grupo de teatro Migallas cunha sesión de contacontos que se atopa recollida dentro da campaña Impórtanos! do Concello de Vigo.
Aquí tedes a selección de contos dos que puidemos desfrutar:
Grazas pola visita!
venres, 11 de outubro de 2019
martes, 21 de maio de 2019
MONDAS
Este mércores, día 22 de maio, ás 19:30 horas no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) levarase a cabo a presentación do libro Mondas de Din Matamoro e María Infantes, da Fundación Euseino, que conta coa participación da nosa compañeira e escritora Beatriz Fraga. Ídesvolo perder?
luns, 13 de maio de 2019
venres, 10 de maio de 2019
VISITA DE MARÍA CANOSA
O 8 de maio, os nenos de 4º de Educación Primaria, recibimos a visita de María Canosa, autora do libro A cazadora de estrelas, na biblioteca do noso cole. Ao seu carón, pasamos un momento moi especial, no que puidemos realizarlle preguntas sobre a súa obra. Moitas grazas por compartir as respostas con todos nós!
martes, 30 de abril de 2019
DÍA DO LIBRO
Durante a semana do libro, nas aulas de Educación Infantil, levamos a cabo a actividade de familias lectoras. Moitas grazas a todas as familias que se animaron a participar, quedamos encantados/as!
Tamén aproveitamos esta data sinalada para levar a cabo a actividade de apadriñamento lector, na que participou todo o alumnado do noso centro. Saimos ao patio en busca dun recuncho acolledor e alí os padriños e madriñas, que ao rematar o conto recibiron un marcapáxinas como agradecemento, léronlle un conto aos seus afillados/as. A actividade foi todo un éxito, senón botade unha ollada ás imaxes:
Para rematar bailamos e cantamos todos xuntos unha canción que prepararon nas clases de música coa profe Laura. Moitas grazas pola sorpresa!
mércores, 10 de abril de 2019
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Aproveitando a celebración, o 7 de abril, do día mundial da saúde, Bufino animounos a elaborar uns canapés con consellos saudables que están expostos no corredor do segundo andar. Saíron propostas tan orixinais como estas:
- Menos azucre e máis vexetal que a vida sa é fundamental.
- O sal con moderación para unha boa alimentación.
- Se queres unha vida saudable, unha chuche é intocable.
- Para unha dieta equilibrada, hai que comer un pouco de cada.
luns, 8 de abril de 2019
VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
O alumnado de cuarto de primaria tivo a sorte de poder coñecer a Antonio García Teijeiro con quen Paseniño, paseniño puideron seguir o camiño da poesía. Moitísimas grazas!
venres, 15 de marzo de 2019
VISITA IAGO LÓPEZ
O alumnado de 1º e 2º de primaria tivo a sorte de asistir a un contacontos moi especial: visitounos nin máis nin menos que Iago López! Autor de libros como O coiñeiro Martiño ou O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas.
Como vedes, os seus contos están moi relacionados coa temática da alimentación que tanto estamos a traballar este ano na nosa escola. Para este contacontos Iago, contou coa colaboración dalgúns nenos e nenas. Ao finalizar, non faltou tempo para as dedicatorias e firmas de exemplares.
Mil grazas pola túa visita, Iago! Ata a próxima
EXPOSICIÓN CONTOS INCLUSIÓN
Lembrade que estes libros non se poden prestar, pero sempre podedes botarlle unha ollada na biblio.
Moitas grazas.
luns, 11 de marzo de 2019
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Por mor da celebración do Día Internacional da Muller tivemos unha selección de libros relacionados coa temática na biblioteca da nosa escola. Na seguinte foto podedes botarlle unha ollada aos títulos dos que dispoñemos.
Bufino, a mascota da biblioteca, aproveitou a ocasión para encomendarnos unha misión relacionada co proxecto que estamos a levar a cabo este curso: investigar sobre mulleres relacionadas co mundo da alimentación. Aquí tedes o resultado!
venres, 1 de marzo de 2019
ENTROIDO
Este ano a alimentación estivo moi presente na festa do Entroido, aquí vos deixamos algunhas fotos para que botedes unha ollada.
martes, 26 de febreiro de 2019
RECEITA LECTORA
Na nosa biblioteca temos unha receita moi especial:
- 500 g de divErsión,
- 1 cullerada de iMaxinación,
- 2 vasos de curiOsidade,
- un chisco de atenCión,
- engade moita paIxón,
- mestura con ilusiÓn,
- e vive aveNturas con moita...
luns, 25 de febreiro de 2019
LEDICIA COSTAS
A nosa biblioteca recibiu a visita sorpresa da autora Ledicia Costas para o alumnado de 5º e para o Club de lectura de 6º de Primaria. Deunos moitos detalles relacionados cos seus libros, como por exemplo, a orixe do receitario de Esmeraldina, a pequena defunta. Tamén nos contou cales foron os libros que tardou máis e menos tempo escribir, así como unha historia persoal relacionada cunha bibliotecaria da súa infancia. Moitas gracias por todo Ledicia, quedamos encantados!
venres, 22 de febreiro de 2019
DÍA DE ROSALÍA
Co gallo da conmemoración, o día 24 de febreiro, do aniversario de Rosalía de Castro, tivemos na biblioteca un expositor con algúns títulos relacionados coa autora.
luns, 11 de febreiro de 2019
CHARLA NUTRICIONISTA
A nutricionista Amil López Viéitez visitou o colexio para concienciarnos da importancia de levar a cabo unha boa alimentación e practicar deporte. Todos os cursos de Educación Primaria asistimos a esta charla.
Moitas grazas Amil polos teus consellos!
Se queredes saber máis podedes consultar o seguinte PDF:
xoves, 31 de xaneiro de 2019
30 XANEIRO | DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
Con motivo da celebración do Día Escolar da non Violencia e da Paz temos na biblioteca do colexio unha exposición de libros relacionados coa temática.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)