venres, 15 de marzo de 2019

VISITA IAGO LÓPEZ


O alumnado de 1º e 2º de primaria tivo a sorte de asistir a un contacontos moi especial: visitounos nin máis nin menos que Iago López! Autor de libros como O coiñeiro Martiño ou O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas
Como vedes, os seus contos están moi relacionados coa temática da alimentación que tanto estamos a traballar este ano na nosa escola. Para este contacontos Iago, contou coa colaboración dalgúns nenos e nenas. Ao finalizar, non faltou tempo para as dedicatorias e firmas de exemplares.
Mil grazas pola túa visita, Iago! Ata a próxima


EXPOSICIÓN CONTOS INCLUSIÓN


Durante este mes de marzo e ata o 12 de abril temos a sorte de contar, na nosa biblioteca, cunha maleta de contos relacionados coa inclusión, cedida polo CEFORE de Vigo. Podedes atopar algúns tan interesantes como: Con Tango son tres, El cazo de Lorenzo, Ahora me llamo Luisa, Unas gafas para Rafa, entre outros moitos.


Lembrade que estes libros non se poden prestar, pero sempre podedes botarlle unha ollada na biblio. 
Moitas grazas.

luns, 11 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Por mor da celebración do Día Internacional da Muller tivemos unha selección de libros relacionados coa temática na biblioteca da nosa escola. Na seguinte foto podedes botarlle unha ollada aos títulos dos que dispoñemos.


Bufino, a mascota da biblioteca, aproveitou a ocasión para encomendarnos unha misión relacionada co proxecto que estamos a levar a cabo este curso: investigar sobre mulleres relacionadas co mundo da alimentación. Aquí tedes o resultado!

venres, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO

Este ano a alimentación estivo moi presente na festa do Entroido, aquí vos deixamos algunhas fotos para que botedes unha ollada.